Solapas principales

O Concello de Ames conmemora o Día da Celíaquía cun menú adaptado nos comedores escolares

Jueves, 27 de mayo de 2021

O Concello de Ames, a través das concellarías de Promoción da Saúde e de Educación en colaboración con ACEGA (Asociación de Celíacos Galicia´) conmemora este xoves, 27 de maio, o Día do Celíaco ofrecendo un menú adaptado para o/as alumnos/as da Rede municipal de comedores escolares e das escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Deste xeito, todo o alumnado desgustou un menú adaptado ás persoas que son celíacas. A través desta iniciativa trátase de concienciar sobre o tratamento alimentar que seguen os nenos e nenas celíacos ou que teñen algún tipo de alerxia alimentaria. Ademais, o Concello  colgará unha pancarta para visibilizar sobre esta enfermidade.

O Concello de Ames é pioneiro desde 2005 nesta labor de integración nos seus comedores escolares, mediante o traballo tanto da Rede municipal de comedores escolares como das dúas escolas infantís municipais: O Bosque e A Madalena, ofrecendo aos nenos e nenas usuarios destes servizos menús adaptados ás súas necesidades.

Na Rede municipal de comedores escolares adáptase semanalmente o menú basal aos tratamentos específicos de apoio nutricional por alerxias, intolerancias e outras enfermidades existentes. Nese grupo están incluídos os nenos/as celíacos e os rapaces e rapazas con diferentes alerxias e intolerancias alimentarias.

Dende este servizo préstase unha especial atención aos usuarios/as que teñen algunha alerxia alimentaria ou intolerancia. Esta atención está perfectamente integrada no protocolo de traballo da Rede municipal de comedores, tanto a nivel do deseño dos menús adaptados e da súa elaboración nas cociñas municipais co asesoramento da nutricionista municipal, como a nivel de atención específica que estes nenos e nenas requiren por parte dos monitores e monitoras do servizo.

Para visibilizar esta doenza, e para que se consiga empatizar con quen as sofren, os comedores escolares municipais de Ames ofrece a todos os alumnos e alumnas un menú adaptado para as persoas celíacas.

Deste xeito, o Concello de Ames pretende dar apoio a quen sofren a enfermidade coa intención de normalizar a vida do colectivo.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Día sin gluten en los comedores de Ames para apoyar a las personas celíacas"

O Concello de Ames conmemora o Día da Celíaquía cun menú adaptado nos comedores escolares

Multimedia

  • O Concello de Ames conmemora o Día da Celíaquía cun menú adaptado nos comedores escolares
  • O Concello de Ames conmemora o Día da Celíaquía