Solapas principales

O Concello de Ames conmemora o Día mundial contra o cancro de mama co lema “Tócate”

Viernes, 18 de octubre de 2019

O Concello de Ames, a través da Concellería de Benestar Social, colabora coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na conmemoración do Día mundial contra o cancro de mamá. O Concello colocou dous vinilos, un no balcón da Casa do Concello e outro na Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, pola noite, iluminarase coa cor rosa oficial da campaña a Casa do Concello. Durante o día de mañá tamén haberá un stand informativo da AECC na Feira de outono celebrada polo Centro Comercial Novo Milladoiro.

A primeira delas é a colocación de dous vinilos, un na Casa do Concello e outro na Casa da Cultura do Milladoiro, co lema do concello para a campaña deste ano: “Tócate”, xunto a imaxe dun piano. Representase así, a importancia da autoexploración neste tipo de cancro. Ademais, pola noite, iluminarase a Casa do Concello coa cor rosa que é a oficial deste día.

Asemade, durante o día de mañá, establecerase unha mesa informativa da AECC na Feira de outono, organizada polo Centro Comercial Novo Milladoiro. Ademais, como todos os anos, varios establecementos da comarca poñerán en marcha iniciativas para colaborar con este día. Un deles é Julia G. Peluquería, que realizará un almorzo solidario coa libre doazón de cada invitada á AECC. O centro de estética, Mímate, organiza un maratón de manicuras solidarias por 5 euros, que serán doados na súa totalidade á AECC.

Compre engadir que este ano está xurdindo unha pequena agrupación local da AECC en Ames, que de seguro axudarán a seguir fomentando iniciativas como a de mañá.

A importancia de facer controis preventivos e autoexploracións
A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, explica que “como cada ano dende o Concello recordamos o noso compromiso e o de toda a sociedade na loita contra cancro de mama. Temos que lembrar que é un dos tumores máis frecuentes nas mulleres, sen esquecer aos homes, xa que só no noso país se diagnostican uns 33.307 novos cancros de mama ao ano”.

Luísa Feijóo engade “1 de cada 8 mulleres sufriremos cancro de mama o longo da nosa vida polo que neste día buscamos concienciar sobre a necesidade de investigación e a importancia dunha diagnose precoz. Sumámonos as recomendacións de facer os controis preventivos necesarios, así como autoexploracións, e en xeral manter unha alimentación sa e equilibrada, así como a realización de exercicio físico, factores que reducen considerablemente o risco de padecer este tipo de cancro e en xeral calquera outro”.

 

Día mundial contra o cancro

Multimedia

  • Día mundial contra o cancro
  • Día mundial contra o cancro