Viernes, 10 de abril de 2020
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Servizos Básicos, informa de que a empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria, Urbaser, continúa realizando traballos de limpeza e desinfección pola zona rural do municipio como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno do Estado ante a crise sanitaria polo coronavirus. Estes traballos súmanse aos que se están desenvolvendo tamén nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nas distintas urbanizacións.
Debido ao estado de alarma declarado polo Goberno do Estado no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, e ao estado de emerxencia sanitaria, a Concellaría de Servizos Básicos, a través da empresa Urbaser, concesionaria do servizo municipal de limpeza viaria, reforzou os traballos de dito servizo.
Deste xeito, reforzouse o servizo de baldeo (cisterna, lava-beirarrúas, carriños de baldeo e pulverizadores para aplicar os produtos hixienizantes) e limpeza das zonas con maior afluencia de xente como son os supermercados, tendas de alimentación, centros de saúde, farmacias, estancos e mobiliario público (papeleiras e farois).
Estes traballos estanse realizando tanto no rural como nas zonas urbanas. Durante esta semana realizáronse traballos de baldeo polas zonas do Lombao, Covas, Augapesada e Ames. Os traballos de limpeza e desinfección estanse levando a cabo por todas as parroquias do concello. No rural préstase especial atención á limpeza e desinfección de zonas onde hai máis afluencia de persoas como poden ser tendas de alimentación, farmacias e as zonas onde hai colectores de lixo.
Ademais, cómpre lembrar que ante a imposibilidade de realizar o servizo de mercado de rúa destínanse eses medios para reforzar e baldear as rúas principais do núcleo de Bertamiráns. Ademais, ante a imposibilidade de que a veciñanza acuda ao Punto Limpo do Milladoiro, o operario que traballa neste servizo municipal incorporouse tamén a tarefas de limpeza viaria e baldeo no Milladoiro.
Servizo de limpeza e baldeo
Por outra banda, estase prestando especial atención, de xeito diario, ao servizo de limpeza e baldeo no paseo fluvial con especial incidencia nos ouriños e excrementos dos cans. Estase dando prioridade ao uso da cisterna nos dous núcleos principais do Milladoiro e Bertamiráns e nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas, Millalar, Agro do Muíño, A Telleira, Pedregal, Acacias, O Bosque e aquelas outras nas que sexa preciso independentemente de que estean ou non no contrato actual.
Por outra banda, estase prestando especial atención, de xeito diario, ao servizo de limpeza e baldeo no paseo fluvial con especial incidencia nos ouriños e excrementos dos cans. Estase dando prioridade ao uso da cisterna nos dous núcleos principais do Milladoiro e Bertamiráns e nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas, Millalar, Agro do Muíño, A Telleira, Pedregal, Acacias, O Bosque e aquelas outras nas que sexa preciso independentemente de que estean ou non no contrato actual.
O concelleiro de Servizos Básicos, Blas García, explica que “se está prestando o servizo de limpeza e desinfección tanto no rural como nos núcleos urbanos, prestando especial atención a todas aquelas zonas nas que hai unha maior afluencia de persoas. Consideramos que co reforzo de servizo feito non se considera necesario incrementar novas medidas para a limpeza e desinfección de rúas. Se fose necesario acordaríase coa empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria”.