Solapas principales

O Concello de Ames destinou preto de 5 mil euros á colaboración coas Comisións de Festas

Jueves, 09 de septiembre de 2021

A Concellaría de Cultura pagou, un ano máis, as actuacións dos grupos municipais nas festas patronais do concello. A colaboración coas Comisións de Festas ascende a 4.920€. Foron un total de 11 actuacións que serviron para amenizar outras tantas festas por todo o concello de Ames.

Os festexos volveron timidamente neste segundo verán de pandemia ao Concello de Ames. A Concellaría de Cultura leva anos colaborando coas comisións de festas. Ao longo deste 2021 a Concellaría de Cultura colaborou con 8 comisións ou asociacións do concello. Unha colaboración que se traduce en 4.920€  destinados a subvencionar a actuación dos grupos municipais en festas patronais, romarías ou celebracións do concello de Ames.

Ao longo da primaveira e do verán foron cinco os grupos amesáns encargados de amenizar as procesións e as sesións vermú das festas patronais do concello. Foi da man do grupo tradicional Airiños do paseo de Colón, do grupo de música de baile tradicional Os Retranqueiros, do grupo de pandereteiras As Maianas, da Coral Lojo Batalla e do grupo de baile tradicional Terras de Ames.

A música e o baile deixouse ver e escoitar na Festa do maio, na Festa da Nosa Señora, na Festa de agosto da Ameixenda, nas Festas patronais de santo Tomé de Ames, nas Festas Patronais de Tapia, na Festa da Virxe de Lourdes, nas Festas da Filomena, nas Festas da Peregrina e na Feira de Artesanía de Bertamiráns.

Os grupos municipais percorreron 5 das 11 parroquias do concello, entre as que atopamos a parroquia de Biduído, a da Ameixenda, a de Ames, a de Tapia e a de Ortoño.

A Concellaría da Cultura quere con esta colaboración recuperar paulatinamente as festas tradicionais e ao mesmo tempo brindarlle aos grupos municipais a oportunidade de actuar e amosar o aprendido ao longo do ano.

Dende a Concellaría da Cultura queren, ademais, recordarlle á veciñanza que entre os meses de setembro e outubro os grupos municipais abren as súas portas na procura de novas inscricións.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El Concello de Ames colaboró con 11 actuaciones con 8 comisiones de fiestas"

Revista AmesGO: "As Comisións de Festas recibiron case 5.000 anos do Concello este ano"

Comisión de Festas

Multimedia

  • Comisión de Festas