- Tematica
A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG que o concello de Ames, xunto cos concellos limítrofes de Santiago de Compostela e Teo, entran dende as 00.00 horas deste sábado, 9 de xaneiro de 2021, en nivel máximo de restricións pola Covid. Ditas restricións afectan a concellos de máis de 10.000 habitantes cunha incidencia acumulada a catorce días igual ou superior a 250 casos. Dende o Concello de Ames prégase á veciñanza responsabilidade e sensatez. Tamén se pide que se reduza o máximo posible a mobilidade durante os vindeiros días, para evitar que continúe o incremento de casos activos por Covid. Consulta a Orde e mailo Decreto aprobados pola Xunta de Galicia este venres 8 de xaneiro.
O concello de Ames, xunto a outros 17 concellos galegos, estará dende as 00.00h deste sábado 9 de xaneiro de 2021 no nivel máximo de restricións pola Covid. Ditas restricións afectan especialmente ao sector da hostalería e restauración, así como ás reunións de persoas non conviventes.
Deste xeito, nos establecementos de hostalaría e restauración non estará permitido o consumo no seu interior. Permitirase a súa apertura con aforo exterior do 50%. O horario de peche queda establecido que será ás 18.00 horas. Os grupos máximos por mesa serán de 4 persoas, que poden ser conviventes ou non.
Por outra banda, as reunións sociais permítense cun límite de catro persoas non conviventes en todos os ámbitos, tanto en espazos públicos como privados.
Durante o día de mañá, sábado 9 de xaneiro, ampliarase a información sobre ditas restricións tanto na páxina web municipal como nas redes sociais do Concello de Ames.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Santiago, Ames y Teo comparten cierre desde hoy y sus bares solo sirven en terraza"
El Correo Gallego: "Santiago, Ames y Teo, en nivel de riesgo extremo, tendrán que cerrar la hostelería"