- Tematica
A veciñanza de Ames achegouse este sábado, 25 de novembro ás 11.00 horas, á praza do Concello para participar outro ano máis no Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. O acto comezou cunha performance da Plataforma Feminista Galega en Ames, na que se recordou cada un dos nomes da mulleres vítimas de violencia de xénero no que vai de 2023. A continuación leuse o manifesto institucional e gardouse un minuto de silencio en recordo das vítimas da violencia machista. Ás 11.30 realizouse a andaina Achégate á igualdade e pola tarde, ás 20.00 horas, houbo un concerto no Milladoiro a cargo do grupo The Tetas Van. Premendo nesta ligazón podes acceder a galería de fotos do acto do 25N.
O acto comezou cunha performance da Plataforma Feminista Galega en Ames na que se recordou cada un dos nomes da mulleres vítimas de violencia de xénero no que vai de 2023. A continuación, deuse lectura ao manifesto institucional por parte da concelleira de Benestar Social e Igualdade do grupo municipal socialista, Uxía García; a concelleira do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, Escarlata Pampín; e a concelleira do grupo municipal popular, Oliva Agra. O alcalde de Ames, Blas García, foi o encargado do peche da lectura deste manifesto. O acto rematou cun minuto de silencio en recordo das vítimas e coa andaina achégate á igualdade.
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, explicou que este ano “tanto coas xornadas como con este acto quixemos facer ver que a igualdade é cousa de todas e todos, unha loita que non pode ser librada só por unha metade do mundo”. A concelleira, confesou estar “moi orgullosa da resposta de Ames contra a lacra da violencia machista” e engadiu que “nesta loita debemos estar todos a unha, non podemos dar nin daremos un paso atrás”.
A falta de máis dun mes para o remate do ano 2023, segundo datos da Delegación do Goberno, supérase a cifra de mulleres vítimas mortais de violencia de xénero en España do ano 2022 e medra por segundo ano consecutivo, pasando das 49 do ano 2021 ás 52 do 2023.
Programación desta edición 2023
O programa do Concello de Ames con motivo do 25N deu comezou o pasado 16 de novembro coas xornadas “Achégate á Igualdade” que se desenvolveron na Casa da Cultura de Bertamiráns de 9.00h ás 18.00 horas.
A programación continuou o xoves, 23 de novembro ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro coa actuación do combo de voces da Escola Municipal de Música de Ames e coa representación da obra de teatro Golpes a cargo da compañía aAntena. Tratouse dunha peza que afondou dun xeito directo e fuxindo do tráxico en como nas accións máis cotiás nace o “Golpe” da desigualdade e chega á violencia machista.
Por último, o sábado 25 de novembro ás 11.00 horas, leuse o manifesto institucional diante da Casa do Concello e, de seguido, ás 11.30 horas fíxose a andaina “Achégate á Igualdade” contra as violencias machistas. Pola tarde, ás 20.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro o grupo The Tetas Van ofreceu un concerto como peche da programación.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Paso á fronte contra a violencia"
Ames Go: "Lembranza ás vítimas da violencia machista no acto institucional do 25N"