- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que se mantén durante todo o verán o corte de tráfico en varias rúas do Milladoiro e Bertamiráns para favorecer a mobilidade das persoas e poder manter así as distancias de seguridade. Esta medida, coa que se pretende que a veciñanza de Ames merque no comercio miúdo local, desenvolverase como se viña facendo ata o de agora; dende as 16:00 horas dos sábados ata as 23:00 horas dos domingo. Nas rúas que se corta o tráfico, os vehículos poderán igualmente entrar e saír dos garaxes. Esta medida está previsto que se desenvolva ata o mes de setembro.
O Concello de Ames vai manter durante os meses de verán a medida, implantada o pasado 22 de maio, de cortar o tráfico de vehículos en varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro, para favorecer o tránsito das persoas en núcleos urbanos e poder así manter as distancias de seguridade. Outros dos obxectivos é favorecer circuítos peonís de mobilidade nos núcleos urbanos para que a veciñanza teña máis doado mercar nos comercios locais de Ames.
Deste xeito, dende as 16:00 horas dos sábados ata as 23:00 horas dos domingo, córtase o tráfico (agás a entrada e saída de garaxes) nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro, que se detallan nos mapas que se poden descargar ao pé desta nova. Esta medida está previsto que se desenvolva ata o mes de setembro.
En Bertamiráns, as rúas que serán peonís e se corta o tráfico de vehículos son a rúa Ameneiral, a rúa Entrerríos (o tramo que vai dende Alcalde Lorenzo ata a rúa Ameneiral), a rúa do Rueiro, a rúa do Arrucheiro (ata a Travesía da Peregrina), a rúa do Cómaro, a rúa do Pedregal e a rúa do Sar, que vai por detrás da escola infantil da Galiña Azul desta localidade. Na rúa do Sar desenvólvese o mercado de rúa de Ames.
Ademais, hai que ter en conta que debido á celebración do mercado de rúa, en Bertamiráns, córtase ao tráfico un carril na intersección da rúa Pesqueiras coa rúa Entrerrios, ata a escola infantil da Galiña azul, para habilitar unha zona de estacionamento para os vehículos. Este carril estará cortado ao tráfico os sábados, en horario de 15.30 a 21.00 horas.
Zonas peonís no Milladoiro
Por outra banda, no Milladoiro, serán unicamente peonís a rúa Raxoeira (dende a rúa de Abaixo ata a avenida Rosalía de Castro) e a rúa da Costa (entre Travesía da Moa e rúa Figueiras). Ademais, hai dúas zonas que volverán a ser totalmente peonís. A primeira zona engloba á travesía da Madalena, a rúa Estivada de Castelao, a rúa das Camelias, a rúa Agro da Madalena (ata a intersección coa rúa dos Cereixos), e maila rúa da Viorneira.
Tamén se establece unha segunda área peonil na zona norte do Milladoiro. Nesta área as rúas peonís serán a rúa dos Agriños, a Travesía do Porto (dende a rúa dos Cereixos ata a intersección coa rúa Palmeiras), a rúa de Pardiñeiros, a rúa Cruxa (ata a rúa Agro do Medio), a rúa Agro da Vella, e a rúa Agro do Medio (dende a rúa Cruxa ata a rúa de Abaixo).
A concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, explica que “se decidiu ampliar esta medida ata setembro para favorecer a mobilidade das persoas e poder manter así as distancias de seguridade. Outros dos obxectivos que se pretenden, en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, é favorecer circuítos peonís de mobilidade nos núcleos urbanos para que a veciñanza teña máis doado mercar nos comercios locais de Ames”.