- Tematica
Este xoves, 15 de abril, o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, e mailo concelleiro do Rural e Participación Veciñal, Santiago Márquez, mantiveron unha xuntanza telemática co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro. A dita xuntanza tamén asistiron representantes das asociacións veciñais. En dita reunión deuse conta de que a Consellería de Mobilidade está a realizar os estudos oportunos para dotar de transporte metropolitano ás parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído, en base ás propostas trasladadas desde o Concello o pasado mes de febreiro. A opción que se está a estudar é a que máis lles gustaba aos representantes das asociacións veciñais e ao Concello, que é a de variar o percorrida da liña de Extramundi e incrementar as frecuencias.
O Concello de Ames solicitoulle unha xuntanza á Dirección Xeral de Mobilidade para tratar de que se volva a prestar o antes posible o servizo de transporte metropolitano á veciñanza das parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído. Dita xuntanza realizouse de xeito telemático este xoves, 15 de abril, pola mañá. Asistiron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, o concelleiro do Rural e Participación Veciñal, Santiago Márquez, e representantes das asociacións veciñais. Todos eles/as reuníronse de forma telemática co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro.
En dita xuntanza trasladouse por parte da Consellería de Mobilidade que está a realizar os estudos oportunos para dotar de transporte metropolitano ás parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído, en base ás propostas trasladadas desde o Concello durante o pasado mes de febreiro. A opción que se está a estudar é a que máis lles gustaba aos representantes das asociacións veciñais e ao Concello, que é a de variar o percorrida da liña XG80722 de Extramundi a Santiago e incrementar as frecuencias.
O alcalde de Ames, Blas García, tal e como se informara desde o inicio, comprometeuse, unha vez iniciados os estudos, a asumir os gastos da liña P2 de Santiago (antigo bus de Ortoño) de xeito temporal (máximo de seis meses) mentres duren ditos estudos. Na actualidade, o Concello de Ames xa ten feito o estudo económico do custe do servizo do bus P2 durante estes seis meses. Na vindeira semana o alcalde de Ames manterá unha xuntanza institucional co alcalde de Santiago na que se tratará, entre outros asuntos, este tema.
Modificación da ruta correspondente á liña XG80722 de Extramundi a Santiago
A proposta que está a estudar a Dirección Xeral de Mobilidade, e que tamén é a que máis lle gusta aos representantes da veciñanza amesá, consiste en modificar a ruta correspondente á liña XG80722 de Extramundi a Santiago. Esta liña entra no concello de Ames pola parroquia de Eirapedriña desde Padrón realizando paradas en Eirapedriña – Guimaráns - Framil e Costoia. Dita liña ten servizo con parada no Hospital Clínico, Campus, O Horreo e Estación de Autobuses, polo que dá cobertura de transporte para algunhas das parroquias afectadas (Bugallido e parte de Biduído). A proposta consiste na modificación do traxecto desta liña desviándose á parroquia de Ortoño desde a parada de Eirapedriña, pola estrada DP-205.
Esta modificación supón un incremento de 3,3 km sobre a ruta actual e permitiría dar cobertura á veciñanza dunha urbanización de máis de 400 vivendas e un centro educativo, así como á parroquia de Ortoño cunha poboación de mais de 1.400 habitantes e numerosas aldeas de elevada densidade poboacional, como son Ortoniño, Punxeiras, Lapido ou Tarroeira, e que na actualidade só contan cunha frecuencia de transporte a Santiago pola mañá (10.40h) e outra de volta (18.00h).
O desvío da liña por Ortoño tería tres novas paradas en Agro do Muíño, Ortoño (Igrexa) e Ortoniño. No restante do traxecto actual será necesario incrementar novas paradas para dar cobertura ás zonas da parroquia de Bugallido (paradas que xa se están a facer na actualidade pero que non aparecen recollidas en bus.gal). As novas paradas serían: Outeiro e Quistiláns e non suporían desvío ou incremento algún con respecto á actualidade. Ademais, en dita proposta recóllese un incremento das frecuencias de mediodía e noite de cara a dar cobertura a estes horarios nos que non existe ningún servizo de transporte na actualidade.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Esixen novas frecuencias e tres paradas en Ortoño do bus de Extramundi"
La Voz de Galicia: "Ames y Santiago ultiman el convenio provisional para que el autobús pase por Ortoño"