- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, informa dos cambios na circulación do tráfico que se van a realizar na rotonda do Pedregal e na estrada que vai cara os lugares de Cantalarrana e Carballido. Estas modificación na circulación están motivadas polas obras, executadas recentemente, que se realizaron nestas lugares. Os traballos de pintado estanse facendo esta semana. No momento en que estean rematados ditos traballos, estarán en vigor os novos sentidos de circulación. Deste xeito, pretendese mellorar a seguridade peonil.
O Concello de Ames vén de executar traballos de mellora no núcleo do Pedregal. Estes traballos afectaron á rotonda do Pedregal que pasa de ter dous carrís de circulación a un único carril. Ademais, habilitáronse arredor de 25 novas prazas de estacionamento na confluencia das cinco rúas que rematan na propia rotonda. Os traballos de pintado estanse executando na xornada de hoxe. Previamente, a semana pasada, executáronse os traballos de mellora do firme de dita rotonda.
Ademais, mellorouse o firme da estrada que vai dende a travesía de Fontaldeiro ata os lugares de Cantalarrana e Carballido. Unha vez rematados estes traballos de mellora da capa de rodaxe procedeuse a facer un novo pintado da estrada co conseguinte cambio no sentido de circulación. Deste xeito, a partir de que rematen os traballos de pintado, só se poderá circular en sentido único dende a rúa Fontaldeiro cara o cruce dos lugares de Cantalarrana e Carballido. Tamén haberá que circular en sentido único dende dito cruce cara á aldea de Cantalarrana e cara a rúa da Fragua.
Con esta modificación do sentido de circulación, trátase de mellorar a seguridade viaria coa conseguinte mellora na seguridade dos peóns. Para iso habilitáronse sendas peonís, moi reclamadas polos veciños e veciñas de ditas aldeas, xa que son moitas as persoas que van andado ata o núcleo urbano de Bertamiráns. Preme nos documentos anexos, ao final desta nova, para ver os cambios que se van facer na rotonda do Pedregal e na estrada que vai cara os lugares de Cantalarrana e Carballido.