- Tematica
Ao longo de marzo, o mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará tres charlas sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en hábitos saudables e do ámbito da saúde. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M, e están organizadas dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade e coa colaboración do Centro de Información á Muller (CIM) de Ames. Ditas conferencias desenvolveranse na Casa dos Maiores de Bertamiráns.
Estes coloquios terán lugar en Bertamiráns, na Casa dos Maiores, sempre ás 18:30 horas. A médica de familia, Belén Cabana, será a encargada de impartir a primeira charla, baixo o título “Beneficios das augas termais na saúde das mulleres”, este mércores día 6 de marzo.
Nesta conferencia falarase sobre os tipos de augas termais ou os efectos que teñen na saúde. Ademais, tamén se explicarán que patoloxías se tratan con estas augas e o benestar que produce acudir, tanto en grupo como individualmente, a espazos termais. A charla terá unha duración aproximada de 45 minutos.
O mércores 13 será a quenda da psicóloga Mónica Antelo, persoal municipal do CIM de Ames, que impartirá “Quen coida ao coidador”, mentres que o día 20, Pablo Fernández, adestrador en BJ trainers & Co presentará “Exercicios en mulleres maiores”.
As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M, e están financiadas polo Pacto de Estado contra la Violencia de Género do Ministerio de Igualdad, e contan coa colaboración do departamento de Benestar Social, dentro do programa Ames Saudable, e do Centro de Información á Muller (CIM) de Ames.
Novas relacionadas:
Ames Go: "Tres charlas de autocoidado feminino no programa de eventos relacionados co 8M"