Solapas principales

O Concello de Ames pecha con éxito de público e participación a II Feira "Tanto monte, monte tanto"

Lunes, 31 de octubre de 2022

A II edición da Feira do Monte “Tanto monte, monte tanto” pechouse este sábado na parroquia de Trasmonte, en Ames, cun gran éxito de público e de participación. A cita, que contou coa presenza do alcalde Blas García, do  concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Manuel Lens, e do vicepresidente da Deputación de A Coruña, Xosé Regueira, acadou unha vez máis o seu obxectivo de por en valor os oficios ligados ao monte, suliñando a importancia social, ambiental, cultural e económica do monte galego. A esta cita tamén asistiron varios/as concelleiros/as do grupo de goberno e dos grupos do Partido Popular e de Ciudadanos con representación na Corporación municipal. Premendo nesta ligazón podes ver unha ampla galería de fotos da II Feira do Monte.

A Feira duplicou a participación con respecto á primeira edición, e entre os expositores destacaron sectores como a apicultura, cestería, cereais, medicina natural, o porco celta, aceites e cogomelos. Ademais, sumáronse tamén obradoiros e exposición sobre os produtos obtidos do monte galego que atraeron a atención dos numerosos visitantes.

Entre os sectores implicados na feira, o porco celta estivo presente con CienPorCel, unha empresa de Cenlle que cría e comercializa produtos de porco celta en liberdade e alimentados con cereal ecolóxico.

Non faltaron tampouco referentes no sector do aceite como a firma ourensá Aceites Abril, en activo dende 1962, e Ouro de Quiroga, que impulsa especies singulares dende a época dos romanos como as variedades galegas Mansa e Brava.

Boibel presentou os seus servizos forestais e agrícolas, coa súa empresa creada en Frades por un grupo de mozos do rural galego formados en áreas científico-técnicas, mentres que Hifas Foresta amosou o seu labor na investigación do sector forestal, do paisaxismo e da restauración ambiental.

Tamén acaparou moita atención Julia de la Cal, da cestería La Parabólica, unha artesá que emprega materiais naturais, sostibles e locais. Foron moitos os participantes que participaron na proposta dunha obra colectiva de cestería.

Pola súa banda, a Asociación Galega de Apicultura de Arzúa e Berries Galicia de A Estrada deixaron patente a calidade de produtos galegos como o mel e os froitos vermellos.

Non podía faltar un dos produtos máis típicos e envexados de Galicia, e dende Negreira acudiu a panadería Xallas, na que catro xeracións de panadeiros seguen coa tradición dos pans de calidade.

A intención dos organizadores da feira foi facela o máis participativa posible, por iso idearon unha serie de actividades destinadas ao público en xeral, coma o obradoiro cooperativo no que durante toda a xornada os visitantes elaboraron unha gran folla que quedará no Concello de Ames como recordo.

Produtos de outono

É tempo de cogomelos, e a II edición da Feira do Monte “Tanto monte, monte tanto” acolleu unha importante exposición e unha charla por parte da Asociación Estrada Micolóxica que foi recibida con moito interese.

O numeroso público que se achegou ata a parroquia de Trasmonte disfrutou tamén da presentación de Fisterra Bovine World, en colaboración con Discarlux e a Deputación da Coruña, que incluíu un showcooking no que se convidou a probar os pratos, ademais de ofrecer unha visita guiada do proxecto, explicando os distintos métodos de cría da carne para produtos gourmet. Esta iniciativa vén de recibir o premio á mellor chuleta de España.

Tamén se habilitou un stand sobre a horta ecolóxica da aldea modelo de Osmo, en Cenlle, e a IXP Castaña de Galicia contou cun posto no que ofreceu información sobre a historia e tradición deste froito de outono.

Pola súa banda, a Deputación da Coruña contou cun stand propio no que presentou a campaña “Unha provincia que sabe”, na que se ofreceu un showcooking.

Tamén o Concello de Ames presentou dous proxectos propios: un sobre a repoboación de faixas de protección de incendios con autóctonas caducifolias e outro sobre a recuperación de camiños do monte. Ambas exposicións incluíron un viveiro de planta forestal.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Vecinos y urbanitas llenaron la Feira do Monte ante la excelencia del producto"

A II edición da Feira do monte bateu récords de participación

Multimedia

  • O Concello de Ames pecha con éxito de público e participación a II Feira "Tanto monte, monte tanto"

  • Embedded thumbnail for