Solapas principales

O Concello de Ames pon en marcha do 12 de decembro ata o 9 de xaneiro un servizo de conciliación para facilitar as compras de Nadal no comercio local

Viernes, 11 de diciembre de 2020

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, pon en marcha un servizo de conciliación para que os pais e nais poidan realizar as cúas compras de Nadal no comercio local. Este servizo estará dispoñible do 12 de decembro ata o 9 de xaneiro nos centros de ocio; Planeta Máxico, no Milladoiro, e A Mona Ramona, en Bertamiráns. Para poder facer uso deste servizo de xeito gratuíto tan só hai que presentar un tícket de compra dalgún establecemento comercial de Ames. Dependendo do día, este servizo ofertarase en horario de mañá, de 10.30 a 13.30 e de 11.00 a 13.00 horas, ou de tarde de 17.00 a 20.00 horas. Premendo nesta ligazón poderás consultar os días e horas do servizo de conciliación.

O Concello de Ames vén de presentar a programación “Un Nadal diferente”. Unha das actividades incluídas en dita programación é o servizo de conciliación para facer as compras de Nadal. Este servizo ten o obxectivo de facilitar xornadas de compras tranquilas aos pais e nais amesáns e forma parte da campaña de apoio ao comercio local que se pon en marcha coincidindo con estas datas festivas.

Con só presentar un tícket dunha compra feita entre o 12 de decembro e o 9 de xaneiro en calquera establecemento comercial de Ames, a rapazada amesá terá dereito a unha xornada de ludoteca gratuíta e as familias poderán facer as súas compras tranquilamente. No servizo de conciliación poderán participar nenos e nenas de 3 anos en diante.

Os centros de ocio nos que se pon en marcha esta iniciativa son: Planeta Máxico, no Milladoiro, e A Mona Ramona, en Bertamiráns. O servizo de conciliación desenvolverase do 12 de decembro ata o 9 de xaneiro, sempre e cando a normativa pola Covid-19 o permita. Dependendo do día, este servizo ofertarase en horario de mañá, de 10.30 a 13.30 e de 11.00 a 13.00 horas, ou de tarde de 17.00 a 20.00 horas. Premendo nesta ligazón poderás consultar os días e horas do servizo de conciliación.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “o servizo forma parte da campaña de apoio ao comercio de Ames en Nadal. Esta iniciativa está ideada coa finalidade de potenciar as compras nesta época festiva tan importante para o sector do comercio, co obxectivo de apoiar, potenciar e divulgar o tecido empresarial e comercial amesán”.

Novas relacionadas: 

Revista AmesGo:  "Ames terá servizo de conciliación para as compras de Nadal"

Compostela 24 Horas: "O Concello de Ames pon en marcha do 12 de decembro ata o 9 de xaneiro un servizo de conciliación para facilitar as compras de Nadal no comercio local"

Imaxe do centro de ocio A mona Ramona, situado en Bertamiráns

Multimedia

  • Imaxe do centro de ocio Planeta máxico, situado no Milladoiro