- Tematica
Previsiblemente os comedores escolares de Ames abrirán con normalidade no día de mañá. A información da que se dispón na actualidade indica que é seguro prestar o servizo aínda que serán os técnicos da Consellería de Sanidade os que o determinen no día de mañá, a primeira hora da mañá, a forma de proceder.
Realizarase unha reunión interdepartamental á que estarán convidados representantes da Consellería de Sanidade e, ante calquera imprevisto que impida a normal apertura das instalacións, o Concello de Ames garantirá os medios necesarios para un desenvolvemento seguro do servizo de conciliación.
Blas García asegura que “ante calquera impedimento que poida xurdir o Concello de Ames ten capacidade para prestar o servizo de forma segura”.
Durante a semana que vén as probas realizadas tanto as mostras de comida como a pacientes revelarán a causa deste cadro de gastroenterite.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "El Concello de Ames prevé abrir hoy con normalidad los comedores escolares tras el brote de gastroenteritis"
El Correo Gallego: "Los comedores de Ames abrirán este lunes y Sanidade admite al menos un centenar de afectados por gastroenteritis"