- Tematica
O Concello de Ames está a realizar actuacións de pintado e aglomerado na avenida da Peregrina e na travesía do Lodeiro. Nos vindeiros días tamén se realizarán obras de pavimentación para a mellora da seguridade viaria na avenida da Peregrina, entre a escola infantil municipal O Bosque e o CEIP A Maía.
Na avenida da Peregrina, os traballos de pintado estanse a realizar dende a rotonda que une esta rúa coa avenida da Maía, ata o tramo que está antes de chegar a Escola infantil municipal O Bosque (pq. 0 – pq. +610). Nas próximas semanas executarase o aglomerado entre a escola infantil e o CEIP A Maía (pq. +610 – pq. +790).
As actuacións da avenida da Peregrina serán executadas polas empresas Marcas Viarias S.L. e Nemesio Ordóñez S.A. e terán un custo de 3.063 euros e 48.322,73 euros, respectivamente, para o Concello de Ames. A actuación de pavimentación da travesía do Lodeiro foi adxudicada por 22.334,43 euros e será executada pola empresa Martínez Montes. Esta inversión do Concello de Ames en mellora da seguridade viaria terá un custo total de 73.720,16 euros.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "La avenida da Peregrina, en Bertamiráns, estrena aglomerado y pintura"