Solapas principales

O Concello de Ames realízalle unha homenaxe a Xan María Castro Paz

Lunes, 04 de diciembre de 2023

O Concello de Ames realízalle mañá martes, 5 de decembro ás 18.30 horas, no Pazo da Peregrina, un acto de homenaxe a Xan María Castro Paz, que residía en Ames e faleceu no pasado mes de novembro. Foi presidente da Fundación 10 de Marzo dende 2013 e secretario xeral de CC.OO. En Galicia entre os anos 2000 e 2009. Dito acto está organizado polo Concello de Ames e colabora CC.OO.

O Concello de Ames vaille realizar este martes, 5 de marzo ás 18.30 horas, no Pazo da Peregrina, un acto de recoñecemento e homenaxe a Xan María Castro Paz, que era veciño de Ames e faleceu no pasado mes de novembro. Xan María Castro foi un destacado sindicalista galego e presidía desde o ano 2013 a Fundación 10 de Marzo. Entre os anos 2000 e 2009 foi secretario xeral do sindicato CC.OO. en Galicia.

O acto contará coa presencia do alcalde de Ames, Blas García; da secretaria xeral de CC.OO. de Galicia,  Amelia Pérez Álvarez; e do fillo de Xan María, Iago Castro. Plantarán unha árbore nos xardíns do Pazo da Peregrina e destaparán un elemento decorativo en honra do destacado sindicalista galego.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Acto de homenaxe en memoria de Xan María Castro esta tarde no Pazo da Peregrina"

AmesGo: "O Pazo da Peregrina acolle o martes 5 unha homenaxe ao sindicalista Xan María Castro"

 O Concello de Ames realízalle unha homenaxe a Xan María Castro Paz