Solapas principales

O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional a Bruno Arias e Álvaro Liste, creadores do documental Os espazos en branco

Miércoles, 10 de julio de 2024

O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, xunto ás/aos voceiras/os dos grupos políticos municipais e outros/as concelleiros e concelleiras da Corporación municipal realizáronlle hoxe, mércores 10 de xullo, unha recepción institucional a Bruno Arias e Álvaro Liste, director e produtor do documental Os espazos en branco, que obtivo no pasado mes de marzo o premio Mestre Mateo a mellor documental. Trátase dunha crónica na que o director do documental, Bruno Arias, afonda na figura pública de Xela Arias para atopar nela unha persoa: a súa tía. O acto realizouse nas instalacións do espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro, onde a produtora de dito documental, Serea Films, conta cun posto.

O Concello de Ames quixo realizarlle hoxe pola tarde un acto de homenaxe a Bruno Arias e Álvaro Liste, director e produtor do documental Os espazos en branco, polo éxito acadado este ano na gala dos XXII Mestre Mateo, onde recibiron o premio a mellor documental. O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, deulle os parabéns a Serea Films por este premio Mestre Mateo ao mellor documental e agradeceulle levar o nome do Concello de Ames sempre por diante: “O éxito de Serea Films é tamén o éxito de Ames. Estamos moi orgullosos deste proxecto que naceu nunha cafetería do Milladoiro e que utiliza A Proa para seguir medrando”.

Álvaro Liste agradeceulle ao Concello de Ames a colaboración para poder realizar dito documental. Ademais, precisou que “este proxecto naceu nunha cafetería no Milladoiro cando coñecín a Bruno. Este é un proxecto xeracional no que nos rodeamos de xente moi nova que supuxo un gran impulso pola forza e as ganas coas que veñen”. Tamén destacou que “o proxecto desenvolveuse e tivo a súa base loxística no concello de Ames e que o documental foi “a chispa necesaria para o nacemento de Serea Films”. Liste  confirmou que a produtora está traballando en novos proxectos que verán a luz proximamente e que intentarán dar o salto á gran pantalla  con Os espazos en branco nas salas de cine Lugo, Ferrol, Ourense e Vigo.

Pola súa parte Bruno Arias sumouse aos agradecementos cara ao Concello de Ames e recoñeceu que aínda non é “plenamente consciente de ser gañador dun Mestre Mateo” pero recoñeceu que o importante de levar a cabo este proxecto non foi o galardón se non que Os espazos en branco se puidese realizar xunto a Álvaro e o resto do equipo humano.

Os espazos en branco é un diálogo coa ausencia, unha viaxe polos camiños da memoria. Unha carta entre o presente e o pasado. Os espazos en branco é unha crónica do intento de Bruno de ir máis alá da figura pública de Xela Arias e atopar nela unha persoa: a súa tía. Como podes amar a alguén que non coñeces? Que parte do que somos provén de imaxes que non temos? Canto hai de persoa nos recordos que quedan sobre ela? Preguntas universais que describen un conflito interno, unha contradición, unha ferida a curar a través da ferramenta que mellor explora os sentimentos humanos: o cine.

O documental está producido por Serea Films, mentres que do guión e dirección Bruno Arias. O reparo está composto por Melania Cruz, Sheyla Fariña e Lidia Veiga. A fotografía correu da man de Miguel Gomar e a música compúxoa Dani Cornes.

Serea Films conta cun posto no espazo colaborativo A Proa. Ademais, Serea Teatro, que forma parte de Serea Producións, realizou unha residencia no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro para preparar a obra de teatro A luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller, dirixida por Noelia Papín, que foi estreada o pasado 14 de decembro no Milladoiro.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Homenaje amiense a Bruno Arias y Álvaro Liste, de Serea Films"

O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional a Bruno Arias e Álvaro Liste, creadores do documental Os espazos en branco

Multimedia

  • O Concello de Ames realízalle unha recepción institucional a Bruno Arias e Álvaro Liste, creadores do documental Os espazos en branco