Solapas principales

O Concello de Ames réndelle homenaxe a Xan María Castro Paz

Martes, 05 de diciembre de 2023

O Concello de Ames realizoulle este martes, 5 de decembro, no Pazo da Peregrina, un acto de homenaxe a Xan María Castro Paz, que era veciño de Ames e faleceu no pasado mes de novembro. Foi presidente da Fundación 10 de Marzo dende 2013 e secretario xeral de CC.OO. en Galicia entre os anos 2000 e 2009. Dito acto estivo organizado polo Concello de Ames en colaboración co sindicato Comisións Obreiras. O rexedor municipal agasallou á familia de Xan María cun retrato do sindicalista. Para pechar o acto descubriuse unha placa xunto a unha árbore plantada na honra de Xan María nos xardíns do Pazo da Peregrina.

O acto comezou co alcalde de Ames, Blas García, dando a benvida aos asistentes. A sala de exposicións do Pazo Peregrina encheuse de amigos e amigas de Xan María. Tamén asistiron diferentes concelleiros e concelleiras do grupo de goberno e da Corporación municipal.

O rexedor municipal dixo que “o Concello de Ames faille esta homenaxe a Xan María porque foi veciño de Ames durante 30 anos. Ten unha longa traxectoria sindical e vital. Independentemente de ser un veciño de Ames hai que poñer en valor que foi unha persoa que traballou e defendeu os dereitos laborais e mailos valores da igualdade. Este é un momento no que todos e todas debemos poñer en valor estes valores de traballar en prol dos demais, sobre todo nun momento no que prima o individualismo”.  

A continuación interveu a secretaria xeral de CC.OO. de Galicia, Amelia Pérez Álvarez, que agradeceu “en nome das Comisións Obreiras, como dicía o alcalde, este humilde pero sentido homenaxe a Xan Maria, compañeiro curtido en mil batallas, máis home de paz no seu compromiso de vida. A min sempre me chamou a atención a sua tranquilidade, o seu sosego, pero sobre todo as súas intervencións claras e profundas. Se algo caracterizaba a Xan María era o seu sentido da lealdade, sempre foi leal cos seus amigos e compañeiros, leal co seu sindicato e cos principios da nosa organización. Querido Xan levarémoste sempre no noso corazón”.   

Pechou a quenda de intervencións o fillo de Xan María, Iago Castro, que dixo “meu pai tiña moitas virtudes e algún defecto. Entre as súas virtudes destacaría ser disciplinado, ser bondadoso e ser valente”. Tamén destacou de Xan María que “cantaba moi ben e gustábanlle as rancheiras e mailos corridos e ademais era un ávido lector. Por último teño que lembrarme de miña nai, porque non serían as mesmas persoas se non se coñecesen. Sempre se quixeron incluso despois de separarse”.     

Trala quenda de intervencións o rexedor municipal agasallou á familia de Xan María cun retrato do sindicalista. Para pechar o acto descubriuse unha placa xunto a unha árbore plantada na honra de Xan María nos xardíns do Pazo da Peregrina.

Novas relacionadas:

Ames Go: "O Pazo da Peregrina acolle o martes 5 unha homenaxe ao sindicalista Xan María Castro"

Ames Go: "Ames réndelle homenaxe a Xan María Castro"

La Voz de Galicia: "El Concello de Ames eterniza el recuerdo del sindicalista Xan María Castro"

El Correo Gallego: "Sentida homenaxe a Xan María Castro Paz no Pazo da Peregrina"

O Concello de Ames réndelle homenaxe a Xan María Castro Paz

Multimedia

  • O Concello de Ames réndelle homenaxe a Xan María Castro Paz
  • O Concello de Ames réndelle homenaxe a Xan María Castro Paz
  • O Concello de Ames réndelle homenaxe a Xan María Castro Paz
  • O Concello de Ames réndelle homenaxe a Xan María Castro Paz
  • O Concello de Ames réndelle homenaxe a Xan María Castro Paz
  • O Concello de Ames réndelle homenaxe a Xan María Castro Paz
  • O Concello de Ames réndelle homenaxe a Xan María Castro Paz
  • O Concello de Ames réndelle homenaxe a Xan María Castro Paz