Solapas principales

O Concello de Ames reúnese coa Asociación de Peruanos de Santiago e Ames para explorar vías de colaboración

Viernes, 09 de agosto de 2024

Representantes da Asociación de Peruanos de Santiago e Ames achegáronse ata o Concello de Ames para manter unha xuntanza co goberno municipal para estudar posibles liñas de colaboración entre ambas institucións. Nesta xuntanza participaron o alcalde, Blas García, e a concelleira de Benestar Social, Uxía García.

A Asociación de Peruanos de Santiago, fundada en 2005, reconstituíse recentemente estendendo o seu radio de acción ao concello de Ames e a súa contorna. Con motivo desta refundación, Tina Cortez, a súa presidenta, participou nunha xuntanza na Casa do Concello para presentar formalmente a asociación á corporación municipal e explorar posibles liñas de actuación conxuntas.

Cortez explica que “o obxectivo é crear alianzas para un mesmo fin: proporcionar apoio ao migrante, principalmente apoio social, e expoñer a cultura e gastronomía peruanas. Basicamente, o que queremos é brindarnos apoio mutuo en todo o que se necesite”. Unha vez concluída a xuntanza, a presidenta da  Asociación de Peruanos de Santiago e Ames amosouse satisfeita coas xestións e acordos acadados.

Esta mesma impresión é compartida pola concelleira de Benestar Social, Uxía García,  quen puxo de manifesto a labor realizada por esta asociación e abriu a porta a ampliar a implicación do Concello de Ames no futuro: “O Concello de Ames non vai dar as costas a ningún colectivo e colaborará con calquera asociación ou fundación que realice unha labor tan importante na actualidade como a que leva a cabo a Asociación de Peruanos de Santiago e Ames”.

Pola súa parte o alcalde de Ames, Blas García, explicou que Ames “é un concello de acollida, que medra en certo punto gracias ás persoas migrantes que decidiron instalarse no noso municipio. Van contar sempre coa nosa axuda para todo aquelo que precisen”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames estreita lazos coa Asociación de Peruanos local"

O Concello de Ames reúnese coa Asociación de Peruanos de Santiago e Ames para explorar vías de colaboración