- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, vén de enviarlle unha carta ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, para solicitar información sobre o estado de execución do proxecto do novo CEIP do Milladoiro. No convenio, asinado en xaneiro de 2021, establécese que a vixencia de dito convenio estaba prevista ata o 1 de setembro de 2022, podendo prorrogarse coa conformidade expresa de ambas partes. Cumprido dito prazo de execución e superado o período de vixencia do convenio, solicitase información sobre o estado do proxecto do novo CEIP do Milladoiro. A Concellaría de Educación deu traslado ás ANPAS de dita solicitude de información á Xunta.
No pleno ordinario de marzo de 2020 a Corporación municipal aprobou por unanimidade a posta a disposición da Xunta de Galicia da parcela necesaria para o novo colexio do Milladoiro. Posteriormente, en xaneiro de 2021 asinouse o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e mailo Concello de Ames, para a construción dun novo centro de educación infantil e primaria (CEIP) no Milladoiro.
Na cláusula cuarta de dito convenio, indícase que a vixencia do convenio estaba prevista ata o 1 de setembro de 2022, podendo prorrogarse coa conformidade expresa das partes no caso de que non rematasen as obras do novo colexio. Cumprido este prazo de execución e superado o período de vixencia do convenio, enviouse unha carta á Consellería de Educación solicitando información sobre o estado de execución do proxecto do novo CEIP do Milladoiro.
O concelleiro de Educación, David Santomil, explica que “as últimas novas que temos sobre o proxecto do novo CEIP do Milladoiro son que en setembro de 2021 a Xunta de Galicia comezou a tramitación para licitar a redacción do proxecto de dito centro. Debido a iso decidimos enviarlle unha carta ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para solicitar información sobre o estado de execución do proxecto do novo CEIP do Milladoiro. Queremos saber se se rematou a redacción do proxecto ou non, para coñecer cando se van licitar as obras de construción”.
David Santomil engade que “xa temos moito camiño andado para que este proxecto sexa unha realidade. Está demostrado que existe a colaboración institucional necesaria para poder entre ambas administracións desenvolver infraestruturas que entendemos que son fundamentais e de máxima necesidade pola saturación que existe no CEP de Ventín e na Escola de educación infantil do Milladoiro. Por iso cremos que é necesario axilizar os prazos para que este centro poida ser unha realidade o antes posible. Sen dúbida que coa construción deste novo centro ampliarase a oferta educativa do Milladoiro”.
Construción dun centro para 450 alumnos
A parcela onde se construirá o novo CEIP conta con 13.167 metros cadrados. A construción do novo CEIP do Milladoiro está incluído no Plan de Infraestruturas 2016-2020 da Xunta de Galicia e conta cun investimento estimado de 4 millóns de euros. A licitación da redacción do proxecto do novo CEIP do Milladoiro foi aprobada pola Xunta de Galicia en setembro de 2021.
Segundo informou a Xunta de Galicia contémplase a construción dun centro para 450 alumnos, con seis aulas de infantil e doce de primaria, así como outras catro para desdobres, aula de música, sala de usos múltiples, biblioteca e ximnasio, con vestiarios adaptados. A área de administración inclúe despachos, conserxería e un local para a ANPA. Tamén disporá de comedor e unha zona de servizos comúns.
Por outra banda, atendendo á estratexia de educación dixital 2030, contará cun local para formar en tecnoloxías da información a docentes, e aulas multifuncionais para traballar os proxectos de robótica ou intelixencia artificial, con materiais de domótica, creación e procesado audiovisual, impresión 3D ou electromecánica. No exterior disporá dunha zona cuberta e outra descuberta exterior para o alumnado de educación infantil, así como pista polideportiva tamén cuberta e descuberta. Tamén contará con zonas verdes e unha horta.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Inician la tramitación del CEIP de O Milladoiro, que estrenará la nueva arquitectura pedagógica"
El Correo Gallego: "El colegio de Milladoiro será el primero en el que se adapte la arquitectura a la educación"
El Correo Gallego: "O Concello de Ames axiliza o proxecto do CEIP do Milladoiro"
AMS GO!: "O Concello pide información á Xunta ante a demora do proxecto do novo CEIP do Milladoiro"