Solapas principales

O Concello de Ames solicita unha reunión coa Xunta de Galicia para resolver as carencias do servizo de transporte en autobús

Miércoles, 05 de junio de 2024

O alcalde de Ames, Blas García, remitiu unha carta ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, na que solicitou unha reunión para poñer fin a diversas incidencias que a veciñanza amesá vén reportando en relación ao transporte en autobús. O rexedor, por segunda vez este ano, instou tamén á Xunta de Galicia a mellorar as frecuencias de autobuses para dar cobertura aos sanitarios residentes en Ames que se ven afectados polas obras do CHUS.

Esta non é a primeira vez que o Concello de Ames remite á Xunta de Galicia un escrito para por solución ás numerosas incidencias e demandas da veciñanza en canto ás liñas de autobús, pero si a primeira dende que a responsabilidade da xestión destas se atopa baixo o departamento de Diego Calvo. Neste sentido o alcalde, Blas García, espera que este cambio traia consigo que “Ames conte cun transporte á altura das súas necesidades”.

Do mesmo xeito, dende o Concello de Ames tamén se remitiu unha carta similar á recentemente nomeada directora Xeral de Mobilidade, Judit Fontela, á que se felicitou polo seu nomeamento e se lle solicitou unha xuntanza nos mesmos termos que ao conselleiro.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames reclama el refuerzo del servicio de transporte para el personal del Clínico"

O Concello de Ames solicita unha reunión coa Xunta de Galicia para resolver as carencias do servizo de transporte en autobús