Solapas principales

O Concello de Ames súmase á conmemoración do Día Mundial da ELA

Viernes, 19 de junio de 2020

O Concello de Ames súmase á conmemoración do Día Mundial da ELA, que se celebra este domingo 21 de xuño. Ames sumarase iluminando a Casa do Concello en cor verde este sábado, 20 de xuño, e o domingo 21 de xuño. A campaña irá acompañada dos cancelos #DiaMundialdelaELA, #LuzporlaELA, #laELAexiste e #UnidosContralaELA. A esta conmemoración súmase a campaña “wELApop. Si no puedes vivir tu vida, véndela”, que pretende sensibilizar á poboación sobre esta enfermidade e solicitar ás Administracións Públicas que garantan a axuda que as persoas afectadas pola ELA precisan.

O Día Mundial da ELA celébrase o 21 de xuño. Con motivo deste día, AGAELA, xunto coa Fundación Luzón e as outras asociacións pertencentes á Comunidade da ELA, lanzaron a campaña #LuzporlaELA, na que edificios e monumentos de toda España iluminaranse a fin de de semana do 20 e o 21 de xuño de cor verde co obxectivo de facer visible a enfermidade e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades coas que se atopan no día a día. O ano pasado 304 monumentos foron iluminados en 209 municipios de toda España.

A esta conmemoración súmase a campaña de concienciación “wELApop. Si no puedes vivir tu vida, véndela” , da Fundación Francisco Luzón co apoio da Comunidade da ELA. Esta última está formada polas entidades do ámbito da ELA máis representativas e importantes a nivel autonómico e nacional, entre elas, AGAELA (Asociación Galega de Afectados de Esclerose Múltiple). A iniciativa quere sensibilizar á poboación sobre esta enfermidade e solicitar ás Administracións Públicas que garantan a axuda que as persoas afectadas pola ELA precisan. Podes consultar o vídeo da campaña ao pé desta nova.

A ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica)

En España hai 4.000 persoas diagnosticadas de ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica). Unha cifra que, en principio, non chama a atención, pero se nos achegamos á realidade desta enfermidade dámonos conta de que este número é enganoso, xa que cada día, en España, morren 3 persoas pola ELA e diagnostican 3 casos novos ao día.

A ELA é unha patoloxía dexenerativa e inhabilitadora que acaba paralizando completamente os músculos do corpo e que afecta non só aos pacientes senón que tamén actúa como unha bomba de racimo que impacta duramente o ambiente do enfermo. Un paciente con ELA precisa atención 24 horas ao día, o custo desta atención ascende a preto de 40.000 euros ao ano, dos cales só o 10% está cuberto polo sistema público. A gran maioría das familias afectadas pola ELA non poden contratar a un coidador profesional e esta tarefa recae nun familiar (parella, pais, fillos), que teñen que deixar o seu traballo para asumir esta tarefa.

Día Mundial da ELA

Multimedia

  • Embedded thumbnail for