Solapas principales

O Concello e a asociación Pedra do Fuso solicitan a colaboración da Deputación da Coruña para editar un libro de fotografías antigas da parroquia de Ames

Viernes, 17 de marzo de 2023

O concelleiro de Educación, Patrimonio Histórico e Axenda Urbana, David Santomil, acompañado do secretario da asociación de veciños/as Pedra do Fuso, Alfredo Sánchez, mantiveron unha xuntanza co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira e co deputado de Patrimonio, Xosé Penas. En dito encontro solicitaron a axuda económica da administración provincial para editar un libro de fotografías antigas da parroquia de Ames. O traballo de documentación e recollida de material foi feito polos integrantes de dita asociación que contan con máis de 200 fotografías. O proxecto leva por nome Ames. Unha parroquia. Un concello.

A fotografía como documento forma parte do patrimonio histórico e en consecuencia é fundamental para a conservación da memoria colectiva dunha parroquia. Con dito obxectivo estiveron traballando durante os últimos anos os integrantes da asociación de veciños/as Pedra do Fuso, que realizaron un importante labor de documentación e recollida de fotografías antigas entre a veciñanza da parroquia de Ames. Deste xeito, contan com máis de 200 fotografías recollidas pola veciñanza da parroquia de Ames.

Agora, unha vez rematado o traballo de recompilación de ditas fotografías, queren editar un libro que recolla todo o traballo feito previamente. Para editar dito libro fotográfico solicitan xunto co Concello de Ames a colaboración da Deputación da Coruña. Deste xeito, este xoves, 16 de marzo, o concelleiro de Educación, Patrimonio Histórico e Axenda Urbana, David Santomil, acompañado do secretario da asociación de veciños/as Pedra do Fuso, Alfredo Sánchez, mantiveron unha xuntanza co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira e co deputado de Patrimonio, Xosé Penas.

En dito encontro solicitaron a axuda económica da administración provincial para editar dito libro de fotografías antigas da parroquia de Ames. O proxecto leva por nome Ames. Unha parroquia. Un concello. As fotografías son de temática moi variada e reflicten a vida da parroquia. Tamén existen fotografías históricas da emigración, do patrimonio da parroquia, de deportes, das festas, etc.

Entrevista a Maximino Viaño
Por outra banda, está previsto que o prólogo de dito libro sexa elaborado polo cronista oficial do Concello de Ames, Maximino Viaño, que recibiu no ano 2020 a medalla do Concello de Ames. Ademais, o proxecto inclúe unha entrevista en profundidade a Maximino Viaño recuperando os momentos máis significativos desta parroquia.

O concelleiro de Educación, Patrimonio Histórico e Axenda Urbana, David Santomil, explica que “o Concello de Ames de xeito conxunto coa asociación de veciños e veciñas Pedra do Fuso vén de solicitarlle á Deputación da Coruña o financiamento dun libro fotográfico que incluiría máis de 200 fotografías antigas da parroquia de Ames, que mostran a vida da parroquia anos atrás e incluso da emigración e doutras actividades deportivas e  das festas celebradas. A través desta iniciativa divulgaranse os recursos de recuperación patrimonial, destacando o valor do proxecto dende unha perspectiva moderna, dinámica e atractiva”.

“Trátase dun proxecto moi atractivo que fala da historia da parroquia de Ames dentro do concello de Ames e que inclúe unha referencia a Maximiono Viaño xa que será o que elabore o prólogo do libro. Ademais, o proxecto tamén inclúe un proxecto audiovisual no que se lle fará unha entrevista ao cronista oficial do Concello de Ames, Maximino Viaño”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Duascentas imaxes retratarán nun volume o corazón amesán da Maía"

Imaxe da xuntanza mantida na Deputación da Coruña

Multimedia

  • O proxecto leva por nome Ames. Unha parroquia. Un concello
  • Casa Aida-Emigración
  • Javier-Vestimenta
  • Paco Villaverde-Deportes-pachanga en Proupin
  • Lucia Romero Cardoso-Patrimonio
  • Emigracion-Jose Lemos Antelo, nun dos viaxes desde Venezuela a España