- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, e maila fundación Aldaba, colaboran na organización da charla sobre acollemento familiar de nenas/os adolescentes a través do programa “En Familia”. Esta actividade vaise realizar o 6 de xuño no local da agraria de Bugallido (antiga escola unitaria). A entrada será libre ata completar o aforo. Nesta actividade tamén colaboran o Centro Cultural Mahía, a Asociación Veciñas San Pedro e a Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído.
O vindeiro xoves 6 de xuño, ás 18:00 horas, a Fundación Aldaba e mailo Concello de Ames, en colaboración coas asociacións Cultural, Veciñal e Agraria, ofrecerán unha charla informativa sobre acollemento familiar de menores no local da agraria de Bugallido (antiga escola unitaria). A entrada será libre ata completar o aforo.
A charla enmárcase no programa de acollemento familiar “En Familia”, que dispón dunha rede de familias que teñen como obxectivo ser referencia para nenas, nenos e adolescentes que viven en centros de protección e que non dispoñen doutras alternativas familiares.
Esta sesión informativa non está dirixida unicamente a familias interesadas no acollemento, senón que tamén busca dar a coñecer a situación dos e das menores de acollida e procura unha maior sensibilización social ao respecto.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "A localidade amesá de Bugallido vai ser o marco dunha charla sobre acollemento familiar o vindeiro 6 de xuño"