Solapas principales

O Concello organiza dous talleres para lograr unha mobilidade máis sostible

Viernes, 18 de junio de 2021

Con motivo da redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible, o Concello de Ames, a través da Concellería de Mobilidade, convoca dous talleres participativos, o luns 21 de xuño, no Pazo da Peregrina. En horario de mañá, convócase ás ANPAS e familias mentres que que, o da tarde, está dirixido ao Tecido Empresarial e Taxista.Con estes obradoiros preténdese coñecer a opinión da veciñanza sobre as necesidades que se detecten no Concello de Ames en materia de mobilidade e como melloralas. Para inscribirse é preciso enviar un email a mobilidade@concellodeames.gal

O Pazo da Peregrina acollerá,o luns 21 de xuño dous cursos participativos. De 10:00 a 13:00 horas, celebrarase o taller sobre dirixido ás  ANPAS e as familias e, de 17:00 ata as 20:00 horas, impartirase o curso destinado o/as usuario/as do Tecido Empresarial e Taxista.

En cada sesión expositiva, cunha duración de 30 minutos, os asistentes aprenderán sobre que é o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), cal é o de AMES e cales o seus obxectivos. Ademais, estudaranse os traballos de campo realizados e realizarase un diagnóstico da mobilidade do Concello de Ames .

En canto as sesións participativas, de dúas horas, recopilaranse as necesidades, propostas de actuación, suxestións,..., tendo en conta os modos non motorizados ( peón, ciclista) e os motorizados (vehículos privados, transporte público e transporte de mercancías). Ensinarase sobre a implantación dun sistema de transporte municipal sostible entre O Milladoiro e Bertamiráns. Os sendeiros escolares en Bertamiráns e O Milladoiro, a implantación dun sistema de transporte a demanda para conectar o rural cos principais núcleos do Concello de Ames e a améndoa central en Bertamiráns.

Para a redacción do documento PMUS é de gran importancia a opinión dos veciños e veciñas en todos estes aspectos e outras necesidades que se detecten no Concello de Ames en materia de mobilidade.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames pulsará la opinión vecinal sobre el plan de movilidad en dos talleres mañana "

Plan de Mobilidade Urbana Sostible