Solapas principales

O Concello repartirá flyers estre os establecementos de Ames sobre a campaña merc@ames

Miércoles, 20 de enero de 2021

Porta a porta. O concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, informará persoalmente ao sector comercial sobre a campaña merca@ames que subvenciona as compras no comercio local. A iniciativa ten como  obxectivo dar a coñecer os beneficios da campaña e o xeito e as condicións para adherirse a esta acción coa que se pretende valorizar e incentivar as compras en Ames. Até o día 31 de xaneiro está aberto o prazo para que se inscriban os negocios que o desexen. Poden facelo todos aqueles que estean radicados no concello, agás os hipermercados ou supermercados pertencentes a grandes cadeas, as estacións de servizo, os estancos, as farmacias e as salas de xogos e apostas. O concello desenvolve esta campaña en colaboración coas tres asociacións de empresarios e comerciantes do Concello. Porén, calquera comercio, aínda que non pertenza a algunha das asociacións, pode adherirse á campaña.

A partir do venres, 22 de xaneiro, distribuiranse nos establecementos do concello flyers para informar sobre as condicións da campaña merc@ames e o xeito de adherirse a ela. “Optamos por esta información individualizada para que ningún establecemento do noso concello quede sen a oportunidade de adherirse a unha campaña como esta que beneficia tanto a quen compra como a quen vende e contribúe a valorizar e asentar o noso tecido comercial. Somos conscientes que coa vida que levamos e a sobre información á que estamos sometidos todos os días, as veces unha nova coma esta pode escapársenos ou chegarnos con atraso e non queremos que ningún negocio, ningunha empresa, ningún comercio do noso concello quede sen a posibilidade de formar parte da campaña por non ter coñecemento dela”, manifesta a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz.

Información porta a porta
Nesas visitas porta a porta, entregarase material informativo en papel e indicativos co lema: “Establecemento adherido a tarxeta merc@mes,” á todos aqueles que decidan adherirse á campaña, informarase das obrigas que adquire o establecemento e que pasan por permitir o cobro cun TPV -a transacción será directa como con calquera outro pago con tarxeta-, colocar nun lugar visible o adhesivo que identifique ao negocio como “comercio adherido” e, no caso de que un cliente solicite unha devolución, dar un vale de compra polo importe do produto.

A campaña mer@ames artéllase a través de dous tipos de bonos que os potenciais clientes mercarán para facer as súas compras nos establecementos locais. Por un bono pagarán 60 € e obterán 100 € euros. O outro bono custará 30 € e o valor á hora de realizar as compras será de 50 €. O concello subvenciona a diferenza con 89.000 €. En total, a campaña pon en movemento 200.000 € para mercar no comercio local.

Os bonos comezarán a distribuírse entre os potenciais clientes a partir do 5 de febreiro. Desde esa data, os compradores/as poderán utilizalos nos comercios adheridos. Poderán facelo en dúas fases: a primeira alongarase até o 31 de marzo de 2021, e a segunda desenvolverase entre o 1 de setembro e o 31 de outubro deste mesmo ano.

O Concello desenvolve a campaña merc@ames en colaboración coas tres asociacións de empresarios e comerciantes de Ames: XEA (Xuntanza de Empresarios de ames), Palmira Boulevard e Asociación de Empresarios do Polígono Novo Milladoiro. Emporiso, non é necesario pertencer a ningunha das asociaciins para poder adherirse á campaña.

Os establecementos que desexen adherirse a campaña poden facelo xa a través do enlace Tarxetas-Bono

Podes consultar aquí as bases da campaña.

 Tamén podes facer calquera consulta relativa a campañá merc@mesno correo electrónico: promocioneconomica@concellodeames.gal

O Concello repartirá flyers estre os establecementos de Ames sobre a campaña merc@ames

Multimedia

  • O Concello repartirá fliyers estre os establecementos de Ames sobre a campaña merc@ames