Solapas principales

O Concello volve poñer en marcha unha campaña de apoio ao sector hostaleiro

Viernes, 15 de enero de 2021

Logo das restricións decretadas para a hostalaría, a consecuencia da nova normativa de loita contra a COVID-19, o Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, volve poñer en marcha unha iniciativa de apoio ao sector hostalaría de Ames, que consiste na elaboración dunha listaxe na que aparecen todos os establecementos hostaleiros que ofrecen durante este período servizo de recollida no local ou reparto a domicilio. As cafeterías, bares e restaurantes que desexen aparecer nesta listaxe poden enviar un correo ao enderezo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal.

Os bares, cafeterías e restaurantes de Ames, que durante este período de restricións de nivel máximo pola Covid, ofrezan servizo a domicilio ou de recollida no local, poden figurar nas listaxes elaboradas polo Concello de Ames de apoio á hostalería amesá. 

Os establecementos hostaleiro que queiran figurar nestas listaxes teñen que poñerse en contacto co departamento de Promoción Económica. Esta listaxe recolle a oferta de todos os establecementos do municipio. Para aparecer nesta listaxe, os interesados/as deberán enviar un correo ao enderezo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal, indicando o nome do establecemento, o número de teléfono, o enderezo e, no caso de tela, o enderezo da web do establecemento.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Axudan aos hostaleiros amesáns elaborando unha lista dos que ofrecen servizo a domicilio"

Axudando a seguir

Multimedia

  • Axudando a seguir
  • Axudando a seguir