Os pasados días 3, 4 e 5 de setembro, o Real Aeroclub de Santiago foi o escenario do I Torneo Camino de Santiago de Croquet GC, unha competición na que se contou coa participación de 24 xogadores. A última xornada do evento asistiron o alcalde de Ames, Blas García, e a a concelleira de Deportes, Susana Señorís.
O I Torneo Camino de Santiago de Croquet celebrouse no Club compostelano de Ames. Co motivo desta competición, o alcalde de Ames, Blas García, e a a concelleira de Deportes, Susana Señorís, reuníronse co presidente do Aeroclub, Celso Barrios, o promotor e patrocinador, César Álvarez, e o presidente da Federación Española de Croquet, José Luís Álvarez.
24 xogadores e 59 partidos durante o torneo que finalmente rematou coa victoria de Beltrán Hormaechea ao vencer a Mariano Riestra cun 10-9. Luís Beltrán Hormaechea, que perdeu contra o seu fillo Beltrán, e Salvador de Sas foron os dous semifinalistas.
Tal e como anunciou César Álvarez, o ano que vén volverá a confiar no Real Aeroclub de Santiago como sede do torneo grazas á boa organización e perfectas instalacións das que goza o club de Ames.
Desde 2015, cando se federou o primeiro club de croquet en España, 5 clubs galegos practican este deporte. Trátase do Club de Campo en Vigo, o pioneiro, o Real Aeroclub de Vigo, o Real Club de la Toja, o Aeroclub de Santiago e o Real Club da Coruña. Galicia é unha das comunidades con máis clubs federados, maior número de campos e grandes xogadores como Carlos Bruzon que encabeza o ranking galego.