Solapas principales

O CV Valencia proclámase campión de España júnior masculino de voleibol no torneo celebrado en Ames, Negreira e Brión

Lunes, 30 de mayo de 2022

Do 25 ao 29 de maio os concellos de Ames, Negreira e Brión acolleron a primeira edición do campionato de España de voleibol na categoría júnior masculina, na que participaron 21 equipos de toda a xeografía española. Finalmente, o CV Valencia proclamouse campión do torneo, tras impoñerse na final ao Vóley Palma por 3-0. En terceiro lugar rematou o Cisneros Alter, que superou ao cuarto clasificado, o Barça Voley, tamén en tres sets.

O campionato de España júnior masculino de voleibol completou a súa primeira edición cun grande éxito de participación e asistencia, na que os clubes, afeccionados e familias ocuparon as rúas e as instalacións deportivas dos concellos de Ames, Negreira e Brión dende o pasado mércores.

A xornada final tivo lugar onte domingo, na que se disputaron a final e o partido polo bronce no pavillón polideportivo de Pedra Mámoa, en Negreira. No encontro polo primeiro trofeo de campión, o CV Valencia superou con claridade ao Vóley Palma, gañando o encontro en tres sets (25-18 / 25-18 / 25-21) e levando a vitoria e o premio do MVP do torneo, que recibiu o xogador Germán Llorens.

Pola súa parte, no partido polo terceiro e cuarto posto, Cisneros Alter Voley impúxose ao Barça Voley, tras gañar tamén en tres sets o equipo tinerfeño (20-25 / 20-25 / 23-25).

Á entrega de trofeos, que se celebrou ao remate dos dous partidos, acudiron o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Deportes, Susana Señorís; o alcalde de Brión, Pablo Lago; María del Mar García, tenente alcalde de Negreira, e José Ángel Luna, vicepresidente da Real Federación Española de Voleibol e presidente da Federación Galega de Voleibol.

Ademais, na primeira xornada de competición, o mércores 25, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, asistiu ao encontro Arona Tenerife Sur – Aldebaran San Sadurniño, mentres que o alcalde de Ames, Blas García, presenciou o VAO Ontinyent – Jealsa Boiro, ambos partidos disputados no pavillón polideportivo municipal de Bertamiráns.

Final do torneo, disputada en Negreira, entre o CV Valencia e o Vóley Palma

Multimedia

  • Os finalistas do torneo, o CV Valencia e o Vóley Palma
  • Final do torneo, disputada en Negreira, entre o CV Valencia e o Vóley Palma
  • O Vóley Palma, segundo clasificado
  • Entrega de medallas ao Vóley Palma, segundo clasificado
  • Partido disputado o mércores no pavillón polideportivo municipal de Bertamiráns
  • Partido disputado o mércores no pavillón polideportivo municipal de Bertamiráns
  • Partido disputado o mércores no pavillón polideportivo municipal de Bertamiráns
  • Partido disputado o mércores no pavillón polideportivo municipal de Bertamiráns