Solapas principales

O domingo, 11 de decembro, celébrase a Foliada de Nadal do programa Amessan

Viernes, 02 de diciembre de 2022

O vindeiro domingo, 11 de decembro, ás 17.00 horas, celébrase a terceira festa de Nadal do programa Amessan, na Casa das persoas maiores de Bertamiráns. Haberá música a cargo do grupo de pandereteiras de Amessan e do grupo Elelas, que tamén está xestionado pola Oficina de Voluntariado de Ames. Ademais, farase unha degustación de chocolate con churros. Disporase de servizo de autobuses, baixo demanda, dende O Milladoiro e dende as parroquias. Sairá dende as paradas habituais ás 16.30 horas. Para reservar praza no autobús hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044. 

A Foliada de Nadal do programa Amessan, organizada pola Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina do Voluntariado de Ames, desenvolverase o domingo, 11 de decembro, na Casa das persoas maiores de Bertamiráns. Esta é a terceira edición de dita festa. En 2019 celebrouse no Milladoiro, en 2020 non se celebrou debido ás restrición pola pandemia da Covid-19, e no ano 2021 organizouse en Bertamiráns.

Na festa actuarán o grupo de pandereteiras do programa Amessan e mailo grupo Elelas, que tamén está xestionado pola Oficina de Voluntariado de Ames. Tamén haberá degustación de chocolate con churros. Disporase de servizo de autobuses, baixo demanda, dende O Milladoiro e dende as diferentes parroquias. Sairá dende as paradas habituais ás 16.30 horas. Para reservar praza no autobús hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044.

Programa Amessán
O programa Amessán conta cunha ampla oferta de cursos: clases de decoración e restauración, estimulación cognitiva, ximnasia terapéutica, música tradicional galega ou bailo-terapia. Todas son actividades pensadas para manter a actividade e coidar a saúde física e emocional dos maiores do concello. Este ano, como novidade, hai actividades de guitarra e sesións de músico-terapia. Os distintos cursos impártense en Bertamiráns e no Milladoiro, así como nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Lens, Piñeiro, Tarroeira, Trasmonte e Oca.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Foliada de Nadal con música e merenda para o alumnado de Amessan o día 11"

Na foliada actuarán o grupo de pandereteiras do programa Amessan e o grupo Elelas

Multimedia

  • O domingo, 11 de decembro, celébrase a Foliada de Nadal do programa Amessan