Solapas principales

O domingo 9 de xuño celébrase a VII Carreira e Andaina Solidarias polas Esclerose Múltiple

Jueves, 30 de mayo de 2024

O vindeiro domingo, 9 de xuño, terá lugar en Santiago de Compostela a sétima edición da Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple. O obxectivo desta cita deportiva, que contará con seis categorías, é recadar fondos para a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM). As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata as 23:59 horas do mércores 5 de xuño a través desta ligazón ou de xeito presencial na sede da asociación. Tamén haberá dorsal 0 para realizar donativos.

A asociación ACEM (Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras) organiza a VII Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple, unha cita na que o obxectivo é a recadación fondos para a asociación e os seus usuarios. Terá lugar o domingo 9 de xuño, ás 11:00 horas, no parque da Alameda de Santiago de Compostela.

Ao tratarse dun evento solidario, a inscrición ten un prezo de 6 euros que se destinarán integramente a ACEM. Todas aquelas persoas que desexen participar poderán anotarse a ta o 5 de xuño a través desta ligazón, ou de xeito presencial na sede da asociación (rúa Queixume dos Pinos 4, Salgueiriños) en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Así mesmo, aquelas persoas que desexen colaborar pero non poidan participar poderán facer a súa doazón inscribíndose no dorsal 0, ou a través de Bizum 04099 (en “Enviar donación”).

Categorías
Pódese facer a inscrición elixindo algunha das seguintes categorías:

  • Carreira absoluta: 4,5 quilómetros. Saída ás 11:45 horas.
  • Sub 23: entre 17 e 23 anos.
    • Senior: entre 24 e 34 anos.
    • Veteranos 1: entre 35 e 44 anos.
    • Veteranos 2: a partir dos 45 anos.
  • Escolares A: para nenos e nenas nados entre 2015 e 2017. 500 metros. Saída ás 11:00 horas.
  • Escolares B: para nenos e nenas nados entre 2012 e 2014. 2,5 quilómetros. Saída ás 11:30 horas.
  • Escolares C: para nenos e nenas entre 13 e 16 anos. 2,5 quilómetros. Saída ás 11:30 horas.
  • Peques: para nenos e nenas nados a partir de 2018. 50 metros. Saída ás 12:15 horas.
  • Andaina: para todas as idades. 2 quilómetros. Saída ás 12:45 horas.

Para dispor de máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 575 240, escribir un correo electrónico a acem.santiago@gmail.com ou visitar a páxina web www.acemsantiago.org .

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Cita con ACEM en Santiago o 9 de xuño nas VII Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple"

O domingo 9 de xuño celébrase a VII Carreira e Andaina Solidarias polas Esclerose Múltiple

Multimedia

  • O domingo 9 de xuño celébrase a VII Carreira e Andaina Solidarias polas Esclerose Múltiple