Solapas principales

O espazo colaborativo A Proa acolleu os “Encontros de liderado” que se enmarcan no Ames AV LAB

Sábado, 28 de septiembre de 2024

O espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro, acolleu o 30 de agosto e mailo 24 de setembro os “Encontros de liderado”, que forman parte do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para impulsar a nova produción audiovisual. Nestas dúas xornadas participaron representantes das empresas que forman parte da Comisión de Gobernanza (Ficción Producións, Mirabelle Comunicación, Cinemar Films, Setemedia producciones e Zenit Televisión). O obxectivo principal destes encontros foi dar a coñecer as empresas que forman parte de dita comisión. Durante as próximas semanas os/as creadores dos 15 proxectos do Ames AV LAB poderán visitar as instalacións destas cinco empresas que forman parte da comisión de Gobernanza.

No pasado mes de maio foron seleccionados os 15 proxectos que forman parte do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para impulsar a nova produción audiovisual. Na primeira edición do Ames AV LAB, foron seleccionadas catro series, seis curtametraxes, tres longametraxes e dous documentais. As series seleccionadas son: As labregas, dirixa por Rosa Taboada; Amil, de Julia Herrmann; Orquestra Raíña, creada e guionizada por Sergio Rodríguez; e Deseo más, dirixida por Raúl Alonso.

Dentro do xénero das curtametraxe foron seleccionados seis proxectos; Fóra de campo, dirixida por Neves Rodríguez; Raíces analóxicas, dirixida por Manu Seoane; Tres cartas de esperanza, de Silvia Varela; Nemeto, de Marta Rodríguez; Cuando los árboles lloran, de Miguel Bouzas; e O Laúro, producida por Andrés Sanjurjo.

Por outra banda, hai tres longametraxes: 42.195 metros, dirixida por Noelia Papín; Hacia el espacio interior, de Roi Grandío; e Serenade, dirixida por Pedro Díaz. Dentro do xénero documental, seleccionáronse dúas propostas; Dous nichos para Maruja, producida e dirixida por Santiago Araújo; e Tramoloxía, de Álvaro Alvite.

O Ames AV LAB ofrece, durante oito meses, prácticas innovadoras e estratexias transformadoras, que facilitan a creación e desenvolvemento destes 15 proxectos. Baixo a supervisión de expertos, acompáñase no percorrido profesional e creativo mediante: formación, titorización, mentorización, asesoramento especializado e financiamento coa finalidade de poder validar as propostas e arrancar e acelerar as iniciativas empresariais que participan nel.

Encontros de liderado
Dentro da formación impartida dentro do Ames AV LAB organizáronse os “Encontros de liderado”, dúas xornadas nas que participaron representantes das empresas que forman parte da Comisión de Gobernanza. Estas actividades impartíronse no espazo colaborativo A Proa e contaron tamén coa presenza do alcalde de Ames, Blas García, da concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e da técnica municipal, María Lloves.

O pasado 30 de agosto realizouse a primeira xornada destes “Encontros de liderado” no que participaron representantes das empresas Ficción Producións (Toni Veiga, director de produción), Mirabelle Comunicación (Rocío González e Miguel Martínez) e Cinemar Films (Jacobo Peña). As empresas e os seus representantes que participaron o 24 de setembro foron Setemedia producciones (Alberto Domínguez Ojea, produtor executivo), e Zenit Televisión (Lola López, directora de programas).

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “estes encontros serviron para que os creadores dos 15 proxectos que participan no Ames AV LAB coñecesen o traballo que se realiza en cinco empresas consolidadas dentro do sector audiovisual e que teñen a súa sede en Ames. Ademais, durante as próximas semanas os responsables destes 15 proxectos audiovisuais poderán visitar as instalacións destas cinco empresas que forman para da comisión de Gobernanza”.

Estes encontros teñen como obxectivo principal dar a coñecer as empresas que forman parte da Comisión de gobernanza do Ames AV LAB. Os asistentes coñeceron en profundidade a traxectoria, actividade e experiencias destas empresas líderes, favorecendo o intercambio de coñecementos e o fortalecemento das relacións dentro do laboratorio audiovisual. O evento concluíu cunha xuntanza que ofreceu aos participantes a oportunidade de establecer novas conexións no sector.

O espazo colaborativo A Proa acolleu os “Encontros de liderado” que se enmarcan no Ames AV LAB

Multimedia

  • O espazo colaborativo A Proa acolleu os “Encontros de liderado” que se enmarcan no Ames AV LAB