Solapas principales

O Fondo Galego inicia unha campaña a prol da solidariedade internacional desde o local

Jueves, 20 de enero de 2011

[20-01-2011] O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que é membro o Concello de Ames, vén de por en marcha unha campaña de incidencia política para lograr que se manteña o compromiso cos países empobrecidos. Trátase, perante os próximos comicios municipais, de que as forzas políticas teñan presente que a sociedade galega si lles demanda que manteñan o pulso da solidariedade coas persoas e países que viven en crise estrutural e, pola mesma, permanente. Estase a falar dun esforzo ínfimo que debera ser aumentado. Picando na ligazón que hai ao pé deste anuncio poderás consultar o comunicado enviado polo Fondo Galego.