Solapas principales

O goberno municipal manterá unha xuntanza coa concelleira de Urbanismo de Teo para afondar na proposta de crear un novo acceso na AP-9

Martes, 17 de noviembre de 2015

[17-11-2015] O goberno municipal de Ames mostrou esta mañá o seu total apoio á proposta presentada polo Concello de Teo, a través da cal lle solicitou ao Ministerio de Fomento, que transforme as vías de servizo de entrada e saída da autopista AP-9 na zona de peaxe, en accesos a esta vía de alta capacidade. Esta obra tamén beneficiaria ao Concello de Ames xa que aliviaría a gran carga de tráfico que ten a estrada N-550 ao seu paso polo Milladoiro.

O concelleiro de Urbanismo e Servizos Básicos, Blas García, explica que “dende o goberno municipal de Ames estamos totalmente de acordo coa solicitude feita polo Concello de Teo, para que se acondicionen as vías de servizo, que empregan os empregados de Audasa para acceder a zona de peaxe, como como vías de acceso para os vehículos. O Concello de Teo vai ter o noso apoio para defender esta proposta ante o Ministerio de Fomento”.

Esta medida beneficiaría tamén ao concello de Ames xa que suporía un alivio a gran cantidade de tráfico que soporta a N-550 ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro no Milladoiro.

Neste senso este venres, 20 de novembro, o concelleiro de Urbanismo e Servizos Básicos, Blas García, manterá unha xuntanza coa edila de Urbanismo do Concello de Teo, Uxía Lemus, para afondar nesta proposta e ver en que se pode axudar dende o Concello de Ames para que esta obra se execute.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El gobierno amiense apoya la idea de otro acceso a la AP-9 en Teo"
El Correo Gallego: "Respaldo al acceso teense de la AP-9 y un viaje a por fondos FEDER a Bruselas"