Solapas principales

O Goberno municipal realiza unha visita á empresa Escenoset Espacios Efímeros

Miércoles, 30 de marzo de 2022

O Goberno municipal continúa coa rolda de visitas ás empresas afincadas no termo municipal de Ames que pertencen ao sector do audiovisual. Desta volta, o alcalde de Ames e maila concelleira de Promoción Económica achegáronse ata a rúa da Hedras, no parque empresarial Novo Milladoiro, para coñecer máis de preto as instalacións de Escenoset Espacios Efímeros. Alí foron recibidos por Chicho Rivera, director xeral da empresa. Esta entidade encárgase integramente do proceso de creación e de xestión (montaxe, loxística…) de espazos para eventos culturais, comerciais ou institucionais.

Esta semana o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, continuaron coa rolda de visitas ás empresas do sector audiovisual, situadas no concello de Ames, que comezaron no pasado mes de xaneiro. Nesta ocasión visitaron a empresa Escenoset Espacios Efímeros, que está situada no parque empresarial Novo Milladoiro. En dita visita foron recibidos polo director xeral da empresa, Chicho Rivera.

Trátase dunha empresa con 25 anos de experiencia en deseño e realización de stands para feiras, montaxe de exposicións, instalacións… Escenoset mantén un estreito vínculo co mundo do espectáculo desde a súa creación (escenografías, decorados para cine, televisión, atrezzo…). Esta empresa encárgase integramente do proceso de creación e de xestión (montaxe, loxística…) de espazos para eventos culturais, comerciais ou institucionais.

Esta visita enmárcase na rolda de contactos coas diferentes empresas do sector audiovisual que están situadas no concello de Ames. A visita serviu como toma de contacto e para buscar vías de colaboración entre ambas partes. Esta entidade realiza traballos de deseño e fabricación de stands para feiras (Alimentaria 2018, Veteco 2018, Seafood Expo Global); decorados e escenografías (concurso Ti Verás da Televisión de Galicia); escaparatismo e interiorismo; e por último, realizan traballos con obxectos especiais, o que lles permite recrear pezas únicas ou industrializables.

O alcalde de Ames, Blas García, explica que “o concello de Ames conta cun tecido empresarial moi potente que está relacionado co sector audiovisual. O que pretendemos con esta rolda de visitas, que comezamos no pasado mes de xaneiro, é crear vías de colaboración e sinerxias con estas empresas que representan un importante sector económico. Dende o Goberno municipal apostamos por fomentar a ubicación de novas empresas relacionadas coa tecnoloxía e mailo audiovisual no polígono do Milladoiro”.

Por outra banda, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou “a calidade do traballo que realiza a empresa Escenoset Espacios Efímeros. É un privilexio contar con tantos e tan bos profesionais relacionados co sector do audiovisual. O noso obxectivo é facer unha aposta clara e forte polo audiovisual que temos no noso concello, con base maioritaria no polígono empresarial Novo Milladoiro”.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Buscan colaboraciones audiovisuales con las firmas Escenoset y Mirabelle"

Enfoques: "El Concello de Ames busca vías de colaboración la empresa Escenoset Espacios Efímeros"

AMSGO!: "O Goberno local realiza unha nova visita a unha empresa do sector audiovisual"

O Goberno municipal realiza unha visita á empresa Escenoset Espacios Efímeros

Multimedia

  • O Goberno municipal realiza unha visita á empresa Escenoset Espacios Efímeros
  • O Goberno municipal realiza unha visita á empresa Escenoset Espacios Efímeros