- Tematica
O alcalde, Blas García, e mailo resto de concelleiros e concelleiras do grupo de goberno mantiveron unha xuntanza no espazo colaborativo A Proa coas persoas que desenvolven diferentes proxectos nestas instalacións municipais. O obxectivo de dito encontro foi ter unha primeira toma de contacto para poder colaborar e realizar proxectos comúns a través do banco de horas. No momento no que os/as coworkers realizan a solicitude para ocupar un posto no espazo colaborativo A Proa comprométense a realizar unha serie de horas en beneficio do Concello de Ames e achegar outras horas de traballo para desenvolver proxectos en común co resto de coworkers.
O espazo colaborativo A Proa conta con 36 postos, dos cales na actualidade hai 19 ocupados con 14 proxectos diferentes sobre marketing dixital, produción audiovisual, educación, arquitectura, economía circular, comercio internacional, medio ambiente, etc. As empresas instaladas na actualidade son 14: Impulsa Dixital, Indígena Films, Palabra Reparadora, Marxe e Territorios Latentes, Aquelando SL, Angel Marcelino Costa, Hub of English, Serea Film, Temporit, Leiloio Internacional, Eco-Huella, Andrea Ferreti Moncau, Rosa Taboada, de Martela Films, e Fernando Rodríguez.
Para que os/as coworkers coñezan aos responsables das distintas áreas municipais, realizouse unha xuntanza na que se estableceu unha primeira toma de contacto entre as persoas que ocupan un posto de traballo na Proa e os membros do goberno municipal. Dese xeito, os/as coworkers puideron coñecer ao alcalde e concelleiros/as e estes últimos coñeceron os proxectos que realizan os propios coworkers.
Trala xuntanza, os/as coworkers quedaron en enviar unha proposta de proxectos que realizarán para o Concello de Ames. Este proxectos faranos con cargo ao banco de horas que teñen asignado. No momento no que os/as coworkers realizan a solicitude para ocupar un posto no espazo colaborativo A Proa comprométense a realizar unha serie de horas en beneficio do Concello de Ames e achegar outras horas de traballo para desenvolver proxectos en común co resto de coworkers.
Deste xeito, unha interiorista comprometeuse a participar como xurado nos concursos de decoración de Nadal que organiza o Concello este ano e outro/a coworker elaborará un vídeo. O resto de proxectos que farán os demais coworkers iranse pechando nas vindeiras semanas.
O espazo colaborativo dispón dunha superficie de 400 metros cadrados e con servizo de acceso á Internet, reprografía, e un servizo de mentorización personalizado e asesoramento. Dispón dun espazo común con 36 postos de traballo e tres postos en despachos independentes. Ademais, dispón dunha sala de reunións multimedia para impartir formación; unha zona de recepción; unha zona de espera, taquillas, escritorios para traballo individual e colectivo e unha zona de descanso para lunch ou café.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Ames estudia con los usuarios del centro A Proa cómo utilizar el banco colaborativo de horas"