Solapas principales

O grupo de música infantil, A Gramola Gominola, representa o seu último espectáculo este venres na Casa da Cultura do Milladoiro

Miércoles, 03 de mayo de 2017

[03-05-2017] A Gramola Gominola chega este venres, 5 de maio, ás 18:00 horas, á Casa da Cultura do Milladoiro co seu espectáculo de música e humor. Trátase dun grupo de rock infantil co que os nenos e nenas poderán gozar da música moderna de diferentes ritmos que van dende o rock, o disco, o punk, ata o reggae. A posta en escena está chea de colorido e momentos cómicos que farán as delicias dos máis pequenos e pequenas, e atraparán por igual a cativos/as e maiores. As entradas postas á venda na Billeteira electrónica xa están esgotadas. Tan só queda o 10% das entradas que se porán a venda unha hora antes do comezo do espectáculo.

A Gramola Gominola presenta novo traballo, un espectáculo baseado no librodisco que editou a editorial Galaxia, Cancións para desafinar, na súa colección Sonárbore. A Gramola chega con este segundo traballo cheo de cancións para desafinar. Música desenfadada para bailar a ritmo de rock, funk, gospel ou punk.

Trátase dun grupo de música infantil, en galego, pensado para as máis pequenas e pequenos da casa. Pero non é un grupo máis, non é o de sempre, é unha banda de rock!

Este espectáculo está espertando un gran interese entre a rapazada amesá. As entradas postas á venda na Billeteira electrónica xa están esgotadas. Tan só queda o 10% das entradas que se porán a venda unha hora antes do comezo do espectáculo.