Solapas principales

O IES do Milladoiro acolleu o obradoiro de cociña sostible “Cambio climático no prato”

Sábado, 14 de octubre de 2023

A coordinadora de Convivencia do IES do Milladoiro organizou o pasado xoves, 28 de setembro, unha actividade para o alumnado dos equipos de axuda do instituto. Participaron no obradoiro de cociña sostible “Cambio Climático no Prato”, xunto ao cociñeiro Álex Iglesias, do restaurante Cabanas. Tratouse dunha actividade para comezar a tecer redes de traballo e coñecemento entre o alumnado voluntario. Esta actividade realizouse no IES do Milladoiro grazas á Concellaría de Benestar Social e Voluntariado e ao mediador intercultural municipal, Leonardo Pena.

O alumnado do IES do Milladoiro xunto co cociñeiro Álex Iglesias, do restaurante Cabanas, prepararon tres pratos: salpicón de langostinos e fabas con ovo encurtido; ñoquis de cogomelos e grelos en salsa carbonara; e torrija de chocolate branco con toffe de arandos.

O proxecto ‘People & Planet: un destino común’ ten como obxectivo concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable.

A iniciativa, que botou a andar en novembro de 2020 e que se prolongará durante catro anos, busca tamén reforzar aos gobernos municipais na promoción de políticas públicas a prol do desenvolvemento sostible, tendo en conta a interdependencia local-global. O plan está financiado polo programa DEAR da Comisión Europea e involucra a 19 entidades de oito Estados membros.

Proxecto europeo People & Planet
O noso consumo diario repercute sobre fenómenos globais como o cambio climático ou a escaseza de auga, dúas das cuestións centrais do proxecto europeo People & Planet. Neste senso, un recente estudo da Comisión Europea revela que o xeito de alimentármonos é responsable do 52% do impacto ambiental en España, moi por enriba dos medios de transporte ou da calefacción nos fogares. Cómpre pois modificar os nosos estilos de vida e promover hábitos sustentables, tamén na cociña, para reducir a nosa pegada hídrica e de carbono.

Tratouse dun showcooking de cociña sostible no que se prepararon pratos de proximidade cos que reducir a pegada de carbono. Encádrase no proxecto europeo #PeopleAndPlanet e #EuDEARProgramme.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Cambio climático no plato, un taller de cocina sostenible en el IES Milladoiro"

La Voz de Galicia: "El taller «Cambio climátino no prato» acerca la cocina sostenible al alumnado del IES de O Milladoiro"

Participantes do obradoiro de cociña sustentable

Multimedia

  • O IES do Milladoiro acolleu o obradoiro de cociña sostible “Cambio climático no prato”