Solapas principales

O IES do Milladoiro celebra o Entroido con 30 doces multiculturais

Viernes, 17 de febrero de 2023

O IES do Milladoiro organizou este ano unha nova iniciativa relacionada co Entroido e coa multiculturalidade de parte do alumnado matriculado neste centro educativo. O Entroido Intercultural do IES do Milladoiro reuniu 30 doces feitos con receitas típicas de países moi diversos. O obxectivo é tentar mellorar a convivencia positiva no centro e recoller, ao mesmo tempo, un aproveitamento didáctico da propia experiencia educativa. O Concello de Ames colaborou nesta iniciativa a través do técnico de mediación intercultural da Concellaría de Benestar Social, Leonardo Pena.

A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, achegouse hoxe pola mañá ata o IES do Milladoiro xunto co técnico de mediación cultural, Leonardo Pena, a traballadora social, Soraya Añón, e maila técnica de Promoción da Saúde, Rosana Martínez. Alí conversaron con parte do profesorado entre eles Manolo Maseda, que foi o principal responsable desta iniciativa.

Cómpre destacar que no IES do Milladoiro conviven arredor de 600 persoas con multitude de nacionalidades, de lugares tan diversos como: Angola, Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, China, Colombia, Ecuador, E.E.U.U., España, Escocia, Francia, Italia, Marrocos, México, Panamá, Perú, Portugal, República Dominicana, Suíza, Uruguai, Venezuela...

Dende o centro educativo cren que o entroido é unha oportunidade máis para xerar expresións culturais compartidas. Este é un dos motivos da posta en marcha de dita iniciativa. Ademais, aprender a comunicarse a través do diálogo desde o respecto mutuo e a empatía, mostrando sensibilidade ante as outras culturas e a nosa propia, é un xeito de camiñar cara a interculturalidade como recoñecemento e respecto á diversidade social.

As actividades programadas para esta xornada foron lúdico-educativas, posto que a maiores do clásico desfile de disfraces houbo unha serie de actividades educativas para fomentar a convivencia positiva e a reflexión, danza grupal guiada, a degustación de doces do entroido organizada pola ANPA e a exposición de doces do mundo “12 doces”.

Finalmente expuxéronse uns 30 doces de diferentes países do mundo, que foron elaborados grazas á colaboración das familias e do alumnado dos diversos países que conforman o espazo educativo do IES do Milladoiro.

Puidéronse degustar as arepas venezolanas, os escones de Escocia, a pastafrola Arxentina, os brigadeiros do Brasil, a paracuca de Angola, o tiramisú de Italia, o rösti de Suiza ou os buñuelos de Bolivia entre outros moitos pratos do mundo. A maiores contouse coa colaboración da cociñeira Fátima (Fatna Ait Messaoud Boujrida), que achegou a rica cultura culinaria de Marrocos.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "O Instituto do Milladoiro traballa na integración con 30 doces do mundo"

Rapaces do IES do Milladoiro, coñecendo curiosidades sobre os doces

Multimedia

  • O IES do Milladoiro celebra o Entroido con 30 doces multiculturais