Solapas principales

O karateka amesán Raúl Rodríguez consegue a medalla de ouro no Campionato Galego Cadete, Junior e Sub21

Jueves, 17 de octubre de 2024

O pasado domingo, 13 de outubro, celebrouse en Ferrol o Campionato Galego Cadete, Junior e Sub21. Nesta cita, o deportista amesán Raúl Rodríguez, obtivo a medalla de ouro na categoría kumite cadete <57kg.

A pasada semana, o deportista da Escola Dokkodo, Raúl Rodríguez, gañou a medalla de ouro na Campionato Galego Cadete, Junior e Sub21. Este é o seu cuarto ano consecutivo alcanzando o primeiro posto no campionato autonómico, co que consolida a súa gran traxectoria e o seu esforzo.

As próximas citas importantes para este deportista serán a preselección para o Campionato de España e a Liga Nacional en Santander.

Ademais, dous técnicos da escola, tamén árbitros nacionais, formaron parte do estamento arbitral da competición, contribuíndo ao éxito organizativo do evento.

O karateka amesán Raúl Rodríguez consegue a medalla de ouro no Campionato Galego Cadete, Junior e Sub21

Multimedia

  • O karateka amesán Raúl Rodríguez consegue a medalla de ouro no Campionato Galego Cadete, Junior e Sub21