Solapas principales

O lugar de Oca está en festa este sábado na honra da Virxe do Corpiño

Viernes, 10 de abril de 2015

[10-04-2015] O lugar de Oca celebra este sábado a festa na honra da Virxe do Corpiño. Dende as 10:00 horas celebraranse varias misas solemnes e despois das 13:00 horas sairá a procesión, acompañada polo grupo de gaitas Os Castros.

Tras os actos litúrxicos, os gaiteiros continuarán amenizando a sesión vermú xunto a orquestra Metrópolis, que volverá actuar na verbena da noite, prevista para as 23:00 horas. Habilitarase unha zona de aparcamento, que estará preto do campo da festa, e instalarase unha carpa se o tempo non acompaña. 

Manuel Lens, presidente da comisión de festas, invita “a todas as persoas do concello a gozar tanto da sesión vermú como da verbena da noite” e engade que “a xente que se achegue a Oca ten que ir con ganas de pasalo ben”. Por último, “agradece a colaboración de todos os veciños e veciñas que axudaron a celebrar este día de festa grazas aos seus donativos”.