Solapas principales

O MillaRaio consegue 5 medallas nos campionatos da fin de semana

Martes, 22 de junio de 2021

O/as atletas do Club Atletismo MillaRaio participaron en 3 campionatos de Galicia esta pasada fin de semanas. No campionato de Probas Combinadas sub20 celebrado en Pontevedra, medalla de ouro para Laura Barbazán no heptatlón. O club de Ames conseguiu outras catro medallas.

No campionato individual sub20, Jorge Sáez foi prata no salto de altura e tamén nos 400m valos. Torcuato Labella rematou en cuarta posición no lanzamento de xavelina.

No campionato de Galicia Sub12, celebrado en Noia, o club participou con catro atletas, destacando os bronces obtidos por Zoe Antonetti en salto de altura e Daniel García en lanzamento de peso.

Lucía Senín rematou en quinta posición no lanzamento de pelota, e Tomás Bandín finalizou sétimo na final B dos 1000m.

Zoe Antonetti, Bronce Altura

Multimedia

  • Jorge Sáez. Prata 400mv
  • Jorge Saez. Prata Altura
  • Laura Barbazán. Ouro Combinadas