- Tematica
Os atletas do club de atletismo MillaRaio que participaron este sábado, 22 de maio, no XXVII Campionato de Galicia de Clubs sub16 acadaron o primeiro posto. O evento celebrouse nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. O club amesán participou con 9 atletas, 5 deles conseguiron o ouro, 2 foron prata e outros 2 conseguiron a medalla de bronce. Por unanimidade, os membros do equipo elixiron a Diego Fagúndez, para que os representase no máis alto dun podio restrinxido pola normativa Covid-19 a un só atleta. No outro campionato de clubs, celebrado tamén o 22 de maio, da categoría sub20, a atleta sub18 do MillaRaio, Salomé Segade, venceu na proba dos 5.000 metros marcha.
Esta pasada fin de semana, o club de atletismo MillaRaio participou no XXVII Campionato de Galicia de Clubs sub16 masculino, destacando entre as oito mellores escuadras galegas con 97 puntos.
Un total de 9 atletas competiron en dita categoría conseguindo un impresionante rendemento do colectivo amesán con destacadas actuacións individuais. En total conseguiron 9 postos de podio. Foron primeiros nas súas probas: Alejandro Jiménez, nos 300 metros; Yago Iglesias (filial da SD Compostela Atletismo) nos 3.000 metros; Noel Ferraces no salto de altura; e dobrete de Alfonso Labella nos lanzamentos de martelo e xavelina.
Os segundos postos foron acadados por Alejandro Jiménez, no salto de lonxitude; e Pablo Cariñena, no lanzamento de disco. Terceiros foron Lucas Dagnac, no triplo salto; e Diego Fagúndez, no seu debut na proba dos 5.000 metros marcha.
Tamén rozaron o podio, sendo cuartos, Lucas Pena nos 1.500 metros obstáculos, Álvaro Francos no salto con pértega, e Pablo Leiva no lanzamento de peso.
Nas restantes probas, Pablo Cariñena foi sétimo nos 100 metros, Hugo Santos foi sexto nos 600 metros, Lucas Dagnac acadou a quinta posición nos 1.000 metros, Álex Cabo tamén foi quinto nos 100 metros valados, e Lucas Lesmes acadou a sexta posición nos 300 metros valados.
Por unanimidade, os membros do equipo elixiron a Diego Fagúndez, para que os representase no máis alto dun podio restrinxido pola normativa Covid-19 a un só atleta.
No outro campionato de clubs, celebrado tamén o 22 de maio, na categoría sub20, a atleta sub18 do MillaRaio, Salomé Segade, participando como filial do Club Atletismo Santiago feminino, venceu na proba dos 5.000 metros marcha, conseguindo a mínima para o Campionato de España da súa categoría.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Primeiro posto do Club Atletismo MillaRaio no Autonómico sub-16"
Revista Ames Go: "O MillaRaio, campión de Galicia sub16 masculino"