- Tematica
Este xoves, 29 de agosto, a praia fluvial de Tapia acollerá a sétima e derradeira xornada dos Seráns de Ames. Esta iniciativa, que se desenvolveu durante os meses de xullo e agosto, acolle nesta ocasión o espectáculo do monologuista Manolo Boquete, ás 19:00 horas. Premendo nesta ligazón podes consultar o cartel ao completo dos “Seráns de Ames”.
O cantautor e monologuista Manolo Boquete será o encargado de pechar el ciclo estival “Seráns de Ames” cun espectáculo no que a música, os contos e historias e o bo humor son os ingredientes principais para arrancar as risas do público, ao que o monologuista interpela con frecuencia para implicalo nas súas actuacións.
Iniciativa “Seráns de Ames 2024”
“Seráns de Ames” é unha programación de verán para todos os públicos que volve ao concello por cuarto ano consecutivo, despois de que no ano 2021 se estrease a iniciativa na praia fluvial de Tapia e no 2022 se ampliase á parroquia de Bugallido. Como novidade, este ano cóntase con Biduído e Agrón como sedes, repartindo así entre catro parroquias (Tapia, Bugallido, Biduído e Agrón) as sete xornadas do programa nas que haberá actividades para todos os públicos.
Ata o de agora realizáronse seis xornadas en Tapia, Bugallido, Biduído e Agrón, cun pregón inaugural a cargo da xornalista e escritora amesá Paula Señarís, coas actuacións dos grupos Maianas, SR. Salvaje, e Banda de Nash, coa foliada a cargo de Pablo Díaz e Olga Kirk, e cos espectáculos “A vida tola de Pajarito” e “Varietés do Animalario”.