Solapas principales

O novo comedor do CEIP da Maía comezará a funcionar no mes de xullo coincidido co inicio da Escola de Verán

Lunes, 24 de mayo de 2021

Membros do Goberno municipal, dos grupos municipais con representación na Corporación, a directora do CEIP da Maía, a presidenta da ANPA, a aparelladora municipal e representantes da empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, SA, adxudicataria do proxecto, visitaron o pasado venres, 21 de maio, o novo comedor do CEIP da Maía, que comezará a funcionar a comezos do vindeiro mes de xullo co inicio do programa de conciliación da vida laboral e familiar "Escola de Verán 2021". A execución deste proxecto, que tivo un custe de 389.575,76 euros, está incluído dentro do Orzamento municipal de 2021 e foi sufragado con fondos propios do Concello de Ames.

O pasado venres, 21 de maio, realizouse unha visita de obra ao novo comedor do CEIP da Maía na que participaron o alcalde de Ames, Blas García, o concelleiro de Educación, David Santomil, e mailas voceiras dos grupos do PSdeG-PSOE, Luísa Feijóo, e de Contigo Podemos, Genma Otero. En dita visita tamén participaron María Belén Castro Montenegro, do grupo municipal popular; Quique Costas, de Ames Novo; e José Ramón Oulego, de Ciudadanos. Tamén asistiron á visita de obra a directora do CEIP da Maía, a presidenta da ANPA, a aparelladora municipal e representantes da empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, SA, adxudicataria do proxecto.

O novo comedor do CEIP da Maía comezará a funcionar coincidindo co inicio da Escola de Verán 2021 o día 1 de xullo e, en consecuencia, no curso escolar 2021/22. O edificio destaca pola súa luminosidade e colorido exterior. Trátase dun edificio plenamente integrado na área exterior do centro escolar que se atopa onde estaba o antigo comedor deste colexio. O novo comedor dispón dunha capacidade de 230 prazas, acadando as 460 prazas en dúas quendas.

Este novo comedor enmárcase dentro da Rede municipal de comedores escolares xestionada pola Concellaría de Educación, da que xa forman parte máis de 1.400 usuarios/as entre os sete centros escolares CEIP A Maía, CEIP de Barouta, CEIP Agro do Muíño, CEP de Ventín, EEI Milladoiro, EEI da Igrexa - Ortoño e a EEI de Covas.

O concelleiro de Educación, David Santomil, destaca que “esta nova infraestrutura destaca pola súa capacidade e carácter diáfano do comedor escolar. Responde a un deseño innovador no uso de materiais de construción, estética, funcionalidade, climatización e eficiencia enerxética”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Concluyen la obra del comedor del CEIP A Maía, que funcionará desde julio"

Lindeiros: "Ames abrirá o novo comedor do CEIP  A Maía no mes de xullo"

Compostela 24 horas: "O novo comedor do CEIP da Maía comezará a funcionar no mes de xullo"

Visita ao novo comedor do CEIP da Maía

Multimedia

  • Visita ao novo comedor do CEIP da Maía
  • Visita ao novo comedor do CEIP da Maía
  • Vista exterior do novo comedor do CEIP da Maía
  • Vista exterior do novo comedor do CEIP da Maía
  • Vista exterior do novo comedor do CEIP da Maía
  • Vista exterior do novo comedor do CEIP da Maía
  • Vista interior do novo comedor do CEIP da Maía
  • Vista interior do novo comedor do CEIP da Maía
  • Vista interior do novo comedor do CEIP da Maía
  • Vista interior do novo comedor do CEIP da Maía
  • Este novo comedor enmárcase dentro da Rede municipal de comedores escolares xestionada pola Concellaría de Educación