- Tematica
Gabriel Martínez Pachón, do club de piragüismo Ribeiras do Tambre, desprazouse ata Sevilla para incorporarse á concentración, representando ao equipo Home Kayak Sprint, do Programa de Tecnificación Nacional. Do 24 ao 27 de xuño participará en Polonia no Campionato de Europa Jr e Sub23.
A Federación Española de Piragüismo desenvolve, nas instalacións do Centro de Ato Rendemento de Cartuja, en Sevilla, o Programa de Tecnificación Nacional.
Ata a cita, o pasado domingo 30 de maio, acudiu Gabriel Martínez Pachón, do club Ribeiras do Tambre. O padexeiro formará parte do equipo Home Kayak Sprinte e estará concentrado ata o Campionato de Europa Jr e Sub23 que se celebrará do 24 ao 27 de xuño en Poznan, Polonia.
No evento disputará a súa proba favorita, o K1 200 metros, na categoría Sub23.