A pesares dos efectos da pandemia da COVID19, o número de parados descendeu en Ames por terceiro mes consecutivo. Un total de 2066 persoas demandaron emprego no mes de xullo deste ano, 77 menos que no mes anterior. O desemprego afecta máis ás mulleres que aos homes e ás persoas maiores de 40 anos. O sector servizos, con 1864 persoas desempregadas, é o máis castigado. Emporiso, o número actual de parados é similar ao do mes de xaneiro de 2018, malia o aumento da poboación nestes dous últimos anos, e notablemente inferior aos consignados na crise do 2008.
Segundo o último informe da Consellería de Traballo da Xunta, o número actual de persoas desempregadas no mes de xullo do 2020 en Ames é de 2066, fronte ás 2143 do mes de xuño. Isto supón que a taxa de desemprego baixou no último mes un 3,59% . As mulleres superan aos homes como demandantes de emprego: 1237, fronte a 829. O sector máis castigado é o de servizos con 1035 mulleres demandantes de emprego e 593homes. Séguelle o sector da construción con 107 homes en paro e 13 mulleres.
Na comparativa de cifras, cómpre sinalar, por poñer un exemplo, que no ano 2015, en Ames estaban censadas 30.267 persoas e o número de parados era de 2.708. O último padrón do Concello determina que no ano 2019 Ames ten 31,793 habitantes, ou sexa 1526 persoas máis censadas. Pese a ese incremento, as últimas cifras de desemprego en Ames darían como resultado 642 menos demandantes de emprego que no mes de febreiro de 2015. Ademais o número de amesáns e amesás que engrosan as listas do paro é inferior ás cifras que se acadaron na crise do 2008.
No período anterior á crise da Covid o Concello tiña alcanzado os mellores datos da serie histórica con 1841 parados e unha porcentaxe do -2,45 % respecto ao mes anterior. Cos datos recentemente publicados o descenso do número de parados continúa na senda dos últimos meses recuperándose pouco a pouco as cifras anteriores á Covid. Así, despois de que no mes de abril se alcanzase a maior cifra de paro con 2210 persoas desempregadas, desde a reapertura do sector económico a redución do número de parados é de 144 veciñas e veciños,
Para o alcalde de Ames, José Miñones "as cifras amosan a leve recuperación que a maioría dos Concellos estamos ter e esperamos que nos vindeiros meses se siga recuperando a taxa de desemprego que tanto necesitamos. Desde o Concello seguimos a impulsar os obradoiros de emprego para dar saída aos parados de longa duración".
A concelleira de emprego e Promoción económica, Ana Paz informa que "no mes de Setembro imos a iniciar numerosos cursos de formación de emprego, tanto para parados como para emprendedores, e dentro do Plan de reactivación económica cun importante investimento na formación".
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ames sitio distinto: o desemprego descendeu en xullo ao nivel que tiña en xaneiro de 2018"
Compostela 24Horas: "O paro descende en Ames por terceiro mes consecutivo"