Solapas principales

O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acolle a segunda xornada de preselección do concurso Canta con Ames

Jueves, 27 de julio de 2023

O pasado venres, 21 de xullo, comezou unha nova edición do concurso Canta con Ames coa primeira xornada de preselección. A segunda xornada de preselección realizarase este sábado, 29 de xullo, ás 20.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Nesta edición participan 24 persoas de Ames e doutros concellos como Santiago de Compostela, Vigo e Arteixo. Nesta segunda xornada de preselección daranse a coñecer os/as 20 participantes que pasan á semifinal do 4 de agosto, que se vai celebrar na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. O xurado do concurso está composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora será Loly Gómez.

O concurso Canta con Ames está organizado pola Concellaría de Promoción Económica e colaboran as asociacións de empresarios Novo Milladoiro e maila Xuntanza de Empresarios de Ames. No certame só poden participar cantantes afeccionados/as.

Nesta edición participan 24 persoas de Ames e doutros concellos como Santiago de Compostela, Vigo e Arteixo. Para esta edición establécense tres categorías. As dúas persoas inscritas na categoría súper sénior pasaron á categoría sénior, porque tal e como se establece nas bases é necesario que haxa como mínimo 5 persoas inscritas en cada categoría. Na categoría súper sénior había dúas persoas inscritas polo que o xurado decidiu que pasan a formar parte da categoría sénior.

Deste xeito, na primeira categoría (infantil ata os 12 anos) hai inscritas 10 persoas; na segunda categoría (xuvenil, de 13 a 20 anos) apuntáronse 6 mozos/as; e na terceira categoría (sénior, de 21 en diante) participan 8 artistas.

O concurso comezou o pasado venres, 21 de xullo, coa primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro. Nesta primeira xornada participaron Iker Alonso, Jimena Barreiro, Andrea Sedón, María Pose, Julia Barreiro (categoría infantil); Anxo Villanueva, Sofía Lado (categoría xuvenil); Frankie, María Salaño, María Caamaño, Rosario e Manuel Corbacho (categoría sénior). Dende a Concellaría de Promoción Económica agradecen a colaboración do fotógrafo Víctor Hugo Conde pola realización de fotografías durante a primeira xornada de preselección.

A concelleira de Promoción Económica, Emprendemento e Atención e Participación Veciñal, Ana Belén Paz, destaca “a boa acollida que tivo a primeira xornada de preselección por parte da veciñanza do Milladoiro”. Ademais salientou “a calidade das voces dos 12 aspirantes que participaron no Milladoiro”. Por último dixo que “o Canta con Ames foi creado en 2021 e tras tres anos de percorrido xa se asentou entre a programación de verán do Concello de Ames. Un boa mostra de dita consolidación é que nesta terceira edición do Canta con Ames contamos con 24 participantes de Ames e Santiago de Compostela, pero tamén de concellos máis afastados ao noso municipio como son Arteixo e Vigo”.

Segunda xornada de preselección
A segunda xornada de preselección realizarase este sábado, 29 de xullo, ás 20.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Para esta segunda xornada hai inscritos/as outros/as 12 participantes: Ana Ramos, Candela Caamaño, Antía Holovat, Alex Fernández e Esmeralda Parra (categoría infantil); Claudia Riotorto, Antía Boo, Paula Fernández e María Álvarez (categoría xuvenil); Irís Durán, Noelia Turnes e Ainhoa Conde (categoría sénior).

Ao final da segunda xornada de preselección, o xurado anunciará en directo as persoas seleccionadas que pasan á semifinal. Posteriormente, antes do 2 de agosto, as persoas seleccionadas deberan poñerse en contacto coa organización para acordar o tema a interpretar na seguinte fase a través da dirección de correo electrónico amesnarua@gmail.com.

Semifinal e final no mes de agosto
A semifinal será o 4 de agosto, ás 20.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, á que terán acceso as persoas clasificadas na fase de preselección, un máximo de 20 persoas en total, cada unha na categoría que lle corresponda. Só se interpretará unha canción (ou segmento) en idioma galego/castelán ou en inglés. A duración do tema determinarase co xurado en cada caso. O xurado escollerá, ese mesmo día un máximo de 12 persoas seleccionadas, catro por categoría, para pasar á final.

Na final participarán 12 persoas que interpretarán dous temas completos por participante e de diferente estilo musical. Non poderán coincidir en temas musicais entre as persoas candidatas, de ser así, deberán chegar a acordo para non interpretar o mesmo.

Este ano o xurado do concurso está composto por Inés Suárez Rey, Noelia Bellas Ferreira e Lara López Súarez, mentres que a presentadora será Loly Gómez Oviedo.

Premios
O xurado anunciará o día da final un gañador ou gañadora por categoría. Por cada categoría, aos gañadores ou gañadoras premiaráselle cun trofeo en recoñecemento da participación, unha cesta saudable, un vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso, cantar nas prebadaladas de fin de ano e dúas tarxetas valoradas cada unha en 100 euros, que achegan as asociacións Xuntanza de Empresarios de Ames e do parque empresarial Novo Milladoiro. Ademais, actuarán o domingo 3 de setembro no Milladoiro como teloneiros na actuación da orquestra Olympus.

Por outra banda, ao resto de participantes que chegaran á final en cada categoría premiaráselles cun trofeo, unha cesta saudable, un vídeo profesional do seu paso polo concurso e unha tarxeta regalo valorada en 30 euros para gastar nos comercios da asociación de comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames.

Novas relacionadas:

Ames Go: "Continúa a preselección do Canta con Ames"

Imaxe da primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro (foto elaborada por Víctor Hugo Conde)

Multimedia

  • Imaxe da primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro (foto elaborada por Víctor Hugo Conde)
  • Imaxe da primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro (foto elaborada por Víctor Hugo Conde)
  • Imaxe da primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro (foto elaborada por Víctor Hugo Conde)
  • Imaxe da primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro (foto elaborada por Víctor Hugo Conde)
  • Imaxe da primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro (foto elaborada por Víctor Hugo Conde)
  • Imaxe da primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro (foto elaborada por Víctor Hugo Conde)
  • Imaxe da primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro (foto elaborada por Víctor Hugo Conde)
  • Imaxe da primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro (foto elaborada por Víctor Hugo Conde)
  • Imaxe da primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro (foto elaborada por Víctor Hugo Conde)