Solapas principales

O persoal da Brigada Aprol acondiciona a biomasa vexetal dos camiños de Agron e Piñeiro e de catro fincas de titularidade municipal

Sábado, 27 de julio de 2024

Dende o pasado 3 de maio o Concello de Ames conta cunha capataz forestal e un peón que forman a nova brigada Aprol Rural. Trátase dun grupo de traballo que realiza traballos de acondicionamento de biomasa naquelas parcelas e camiños de propiedade municipal que o precisan. Transcorridos preto de tres meses de traballo, realizaron o acondicionamento da biomasa vexetal dos camiños de Agron e Piñeiro e de 4 fincas de titularidade municipal. Durante a súa contratación ocuparanse da xestión da biomasa de camiños forestais nas parroquias de Agrón, Ameixenda, Ortoño, Piñeiro e Tapia e farán preto de 4.500 notificacións de incumprimento de xestión de biomasa nas faixas secundarias de xestión de biomasa. Ademais, o Concello conta con tres peóns forestais, contratados dende abril a través do programa PEL da Deputación da Coruña, que entre outras tarefas colaboran na identificación de fincas forestais que incumpren a normativa de prevención de incendios forestais.

A través do programa de fomento do emprego no medio rural (Aprol rural), o Concello de Ames, a través da Concellaría de Medio Ambiente, trata de artellar os instrumentos que dende o ámbito local favorezan a protección para os asentamentos de poboación fronte a lumes forestais, mediante unha adecuada xestión de biomasa e actividades silvícolas encamiñadas a tal fin. Ademais, preténdese obxectivos específicos como son adecuar as vías, camiños, parcelas forestais de propiedade municipal e naquelas nas adheridas ao Plan municipal de prevención de incendios, mediante a plantación de frondosas caducifolias en faixas secundarias de xestión de biomasa.

Deste xeito, dende o pasado 3 de maio o Concello de Ames conta cunha capataz forestal e un peón que forman a nova brigada Aprol Rural. Trátase dun grupo de traballo que realiza traballos de acondicionamento de biomasa naquelas parcelas e camiños de propiedade municipal que o precisen. Co fin de rendibilizar o máximo os traballos de acondicionamento destes camiños, as actuacións abórdanse parroquia a parroquia.

Durante preto de tres meses de traballo, realizaron o acondicionamento da biomasa vexetal dos camiños de Agron e Piñeiro e de 4 fincas de titularidade municipal. Ademais, durante a súa contratación ocuparanse da xestión da biomasa de camiños forestais nas parroquias de Ameixenda, Ortoño e Tapia e farán preto de 4.500 notificacións de incumprimento de xestión de biomasa nas faixas secundarias de xestión de biomasa.

En relación a este traballo destacar a poda selectiva realizada, conservando en todo caso pés de especies herbáceas autóctonas e no posible os pés leñosos de frondosas caducifolias. Nos casos de árbores que interromperan o paso de xeito manifesto procedeuse a tala e desramado dos mesmos, deixándoos pousado o tronco o longo do camiño. Deixando os troncos sen interromper o paso conseguinos o obxectivo de facer o camiño transitable ao tempo que se facilitou o aumento de hábitats para fauna e flora terrestre.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, destaca “a importancia destes traballos de xestión de biomasa naquelas parcelas e camiños de propiedade municipal que o precisan porque é imprescindible para a conservación do medio natural. Ademais, temos a obriga de manter os plans municipais de prevención e defensa contra incendios forestais actualizados incluíndo nesta actualización a revisións das parcelas das faixas secundarias, así como de vías, camiños e parcelas de titularidade propia”.

Traballos realizados a través da convocatoria Aprol
No ano 2018 mediante a concesión dunha axuda Aprol Rural realizouse a revisión das faixas secundarias en entorno a núcleos de poboación e vivendas ou instalacións illadas. Procedeuse á adecuación das mesmas aos cambio sofridos na lei de incendios e tamén aos cambios físicos da interface rural forestal. No ano 2019, o Concello de Ames concorreu de novo á convocatoria Aprol Rural 2019, neste caso co fin de localizar os camiños de monte propiedade municipal, así como avaliar o estado de transitabilidade dos mesmos, priorizando as actuación de xestión de biomasa sobre eles.

Elaborados os mapas da rede de vías e camiños caracterizados segundo a súa prioridades alta, media ou baixa de actuación, resultaron un total de 446 camiños de a pé que supoñen 108.498 metros de lonxitude e unha superficie aproximada de 27 hectáreas. En 253 destes camiños determinouse a necesidade de actuación con máis ou menos urxencia, dependendo de que o seu estado de mantemento supoña un risco moderado, medio ou alto no caso de declararse un incendio forestal.

A través de tres novas axudas Aprol Rural procedeuse a xestión de biomasa dos camiños das parroquias prioritarias de Agrón, Trasmonte, Ames, Ameixenda, Ortoño, Piñeiro, Lens, Covas, Biduído e Bugallido.

Programa PEL Concellos 2024
Por outra banda, o Concello conta dende o pasado mes de abril con tres peóns forestais, contratados a través do programa PEL da Deputación da Coruña. Dito persoal traballa na Brigada municipal de Garda ambiental realizando tarefas de protección da salubridade pública, mediante a recollida de vertedoiros incontrolados e refugallos no medio forestal; e traballos de prevención de incendios forestais, mediante a colaboración na identificación de fincas forestais que incumpren a normativa de prevención de incendios forestais.

O importe do programa subvencionado ascende a 52.000 euros, que inclúen os custos de persoal, formación en prevención de riscos laborais e outros gastos sociais, sendo o importe total dos custos por estes conceptos do programa 55.699,56 euros.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "La brigada Aprol Rural de Ames despejó de matorrales caminos y parcelas situados en Agrón y Piñeiro"

O persoal da Brigada Aprol acondiciona a biomasa vexetal dos camiños de Agron e Piñeiro e de catro fincas de titularidade municipal

Multimedia

  • O persoal da Brigada Aprol acondiciona a biomasa vexetal dos camiños de Agron e Piñeiro e de catro fincas de titularidade municipal
  • O persoal da Brigada Aprol acondiciona a biomasa vexetal dos camiños de Agron e Piñeiro e de catro fincas de titularidade municipal