- Tematica
A Corporación municipal aprobou por unanimidade, o pasado 7 de febreiro de 2024, a participación do Concello de Ames no plan POS+ Adicional 1/2024 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.
Un dos temas aprobados por unanimidade en dita sesión plenaria foi a participación do Concello de Ames no plan POS+ Adicional 1/2024 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024.
No POS+ Adicional 1/2024 contémplanse 157.620,75 euros para gastos sociais extraordinarios. Do total de dita contía, destinaríanse 68.384,34 euros para a contratación de tres traballadores/as sociais durante un período de seis meses.
Ademais, dedicaranse 79.236,41 euros á ampliación e dotación das partidas municipais destinadas a axudas de emerxencia ás unidades de convivencia en risco de exclusión social.
O importe restante, que ascende a 10.000 euros, dedicarase á ampliación do servizo de axuda no fogar, que se adicará a ofrecer o servizo de xantar na casa ás 12 persoas que están en lista de agarda e aquelas que poidan precisar de dito servizo.