Solapas principales

O Pleno aproba por unanimidade a participación no plan POS+ Adicional 1/2025 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2025

Sábado, 28 de diciembre de 2024

A Corporación municipal aprobou por unanimidade, o pasado 26 de decembro de 2024, a participación do Concello de Ames no plan POS+ Adicional 1/2025 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2025. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Un dos temas aprobados por unanimidade en dita sesión plenaria foi a participación do Concello de Ames no plan POS+ Adicional 1/2025 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2025.

Deste xeito, preténdese dedicar a contía de 158.605,14 euros ao reforzo de persoal técnico do departamento de Benestar Social con catro traballadores/as durante seis meses (93.072,24 euros); á ampliación de prazas no servizo de Xantar na Casa (17.000 euros); e a dotación das partidas municipais destinadas a axudas de emerxencia ás unidades de convivencia en risco de exclusión social (48.532,90 euros).

O Pleno aproba por unanimidade a participación no plan POS+ Adicional 1/2025 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2025